_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FORMACIÓN
O Centro de Emprendemento organiza un seminario de Power BI (business intelligence) para emprendedores

O Centro de Emprendemento do Concello de Vilagarcía de Arousa organiza o vindeiro xoves 30 de marzo, un seminario sobre Power BI (Business Intelligence) para emprendedores coa finalidade de mostrar as potencialidades desta ferramenta e capacitar aos participantes en novas técnicas de analítica que precisan os seus negocios. Actividade impartirase de 18 a 19.30 horas nas instalacións do centro, sitas na Rúa Os Duráns, e a asistencia é gratuíta. As praza son limitadas, polo que se require inscrición previa a través do enderezo electrónico cev@investinvilagarcia.com .
23.03.2023.- No seminario, impartido por un consultor de Craftium especializado na área de data, os emprendedores aprenderán de xeito práctico técnicas de procesamento da información, xeración de coñecemento e presentación avanzada de informes.

O Centro de Emprendemento, impulsado polo Departamento de Promoción Económica e Emprego do Concello de Vilagarcía de Arousa, continúa así coa axenda de actividades para seguir impulsando e apoiando o emprendemento e a consolidación empresarial da localidade como medio para dinamizar a economía local e crear emprego de calidade na cidade.

Asistido por un equipo de especialistas en diferentes áreas empresarias, o Centro de Emprendemento dá resposta á demanda das necesidades do tecido empresarial e das persoas emprendedoras, prestándolles un servizo de atención continuada e ofrecendo un completo programa de actividades entre ás que se inclúen obradoiros, seminarios e actividades de networking. Os emprendedores e emprendedoras interesados poderán axendar titorías para definir a folla de ruta dos seus proxectos segundo as súas necesidades.
 
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -