_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
FCC recorre o proceso de contratación do servizo de limpeza e recollida de lixo adxudicado a Urbaser

Unha das empresas que concorreron ao concurso do contrato da “Contenerización, recollida e transporte de residuos, xestión do Punto Limpo e limpeza viaria” do Concello de Vilagarcía vén de recorrer o proceso e a adxudicación do servizo á empresa Urbaser. A firma recorrente é FCC (unha das catro finalistas), que presentou onte o recurso ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (Tacgal), o día no que remataba o prazo para realizar este trámite. Segundo establece o procedemento, o Concello dispón de 48 horas para informar sobre os aspectos recorridos e elevar os seus argumentos ao Tacgal, que é o organismo independente ao que lle compete resolver o proceso.
22.03.2023.- Dado o apresuramento, o Concello convocou esta mesma mañá e pola vía de urxencia a celebración dun Pleno extraordinario para abordar a presentación do recurso, paso previo á remisión dos informes ao Tacgal. A sesión celebrarase pasado mañá, venres 24 de marzo, ás 10 da mañá.
Os servizos xurídicos e de Contratación do Concello están xa analizando os aspectos nos que se basea o recurso interposto por FCC a efectos de aportar as consideracións e argumentos que se consideren oportunos e remitir os informes ao tribunal.

A presentación do recurso non colle por sorpresa ao goberno local que, en vista das experiencias doutros concellos en procesos de contratación similares, xa contaba con que isto acontecera.

Como xa se dixera, a adxudicación do contrato de limpeza viaria e recollida de lixo a Urbaser aprobouse no Pleno celebrado a finais do mes de febreiro por ser a oferta desta empresa a que obtivo maior puntuación tras terse avaliado as propostas técnicas e económicas de cada concursante. Foron catro as firmas que chegaron á avaliación final, ao terse eliminado do proceso a outras dúas que non cumprían con todos os requisitos establecidos nos pregos da licitación. O montante total do contrato supera os 38,2 millóns de euros, ao adxudicarse por un prezo anual de 4.783.747 euros e cunha duración de 8 anos.

A posta en práctica do novo contrato permitirá mellorar a prestación actual dos servizos de limpeza viaria e de recollida de lixo adaptándoos ás novas características e necesidades que presenta a cidade e que difiren moito das recollidas no contrato que está a punto de extinguirse e foi redactado hai 30 anos. Ademais, os pregos do novo contrato recollen a ampliación e creación de novos servizos que inciden de forma moi concreta na potenciación da reciclaxe para dar cumprimento aos criterios medioambientais e de sustentabilidade establecidos pola UE.

O executivo local confía en que o recurso se resolva de forma rápida e favorable para a administración local, se xeito que non se demore máis a aplicación do novo contrato e de todas as melloras que inclúe para continuar avanzando nunha axeitada xestión dos residuos sólidos urbanos e na imaxe de Vilagarcía.
 
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -