_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FORMACIÓN
Regresan a Matosinhos os cursos gratuítos de inclusión e capacitación dixital organizados polo Concello

A Concellería de Formación e Emprego vén de poñer en marcha unha nova edición dos cursos gratuítos de Inclusión e Capacitación Dixital que se impartirán no centro de Matosinhos ata o mes de novembro. Trátase de 17 accións formativas diferentes, divididas en cinco bloques temáticos adaptados aos diferentes niveis de coñecemento e manexo das novas tecnoloxías dos alumnos. Están pensadas tanto para romper a brecha dixital e facilitar o uso cotiá dos medios dixitais ás persoas que por falta de coñecementos ou medios non saben desenvolverse nelas, como para avanzar máis aló ofrecendo a formación necesaria para a procura e mellora de emprego.
20.03.2023.- A concelleira Alba Briones explicou que unhas 4.000 persoas participaron nos diferentes cursos organizados a través deste programa municipal nos últimos anos, “e aínda así detectamos que é moi necesario continuar ofrecendo esta formación, porque os medios dixitais seguen avanzando e o seu uso é xa algo imprescindible, polo que non podemos deixar que ningunha persoa quede atrás por non saber utilizados”. De feito a concelleira comentou que en todas as edicións, os cursos máis demandados son os do nivel de iniciación. Por iso animou aos vilagarciáns a aproveitar esta ocasión e anotarse ás actividades formativas.

Cristina Parracho, voceira da consultora que imparte os cursos, explicou que os contidos vanse adoptando cada ano ás novidades e novas necesidades que van xurdindo. Si nun principio ensinábase a facer determinados trámites polo ordenador, agora a formación complétase co uso dos dispositivos móbiles. “Tratase de que calquera persoa saiba pedir cita no médico a través do teléfono, ou ver o seu expediente médico, ou solicitar un certificado a unha administración, cousas moitas das cales xa só se poden facer de forma dixital”.

Os cursos están dirixidos a calquera persoa de Vilagarcía maior de 18 anos. A participación é de balde e os interesados deben inscribirse presencialmente acudido ao centro de formación de Matosinhos de luns a venres en horario de 9 a 14 horas. Alí poderán elixir a actividade ou actividades que lle interesen e fixar a súa dispoñibilidade horaria, xa que se farán grupos de mañá ou de tarde en función das necesidades dos participantes.

Inclusión dixital

Este bloque está dirixido ás persoas que carecen de coñecementos e experiencia no uso dos medios dixitais. inclúe catro cursos básicos que lles permitirán navegar e realizar as tarefas e os trámites máis comúns no día a día. Son o curso de Iniciación á informática e internet para adultos, o de Correo electrónico: webmail, o de Seguridade na rede e o de Inclusión dixital en dispositivos móbiles. A primeira das actividades ten unha duración de 30 horas lectivas e as restantes 15.

Ofimática en software libre

Co obxectivo de continuar avanzando no nivel de formación, este bloque inclúe as accións que permitirá ao alumnado manexar procesador de textos e follas de cálculo, así como elaborar presentacións en software libre. Os catro cursos que se inclúen impartiranse en nivel de iniciación e nivel avanzado, en función dos coñecementos previos dos asistentes.
As actividades previstas son o curso de Procesador de textos, Folla de cálculo, elaboración de presentacións e Bases de datos. Todas elas contan con 30 horas lectivas.

Orientación ao emprego

Cunha perspectiva orientada ao ámbito laboral, o programa inclúe neste bloque temático un curso sobre Redes sociais e procura de emprego e outro sobre Deseño dun perfil profesional. A primeira actividade ten unha duración de 30 horas e a segunda 15.

Capacitación avanzada e ferramentas TIC

As persoas que xa operan con soltura cos medios dixitais tamén dispoñen de oferta formativa a través deste programa con cursos como o de Deseño de páxinas web con Wordpress, Deseño de contidos interactivos: Canva e Genially, Sincronización de dispositivo de control parental, Retoque fotográfico e Cloud Computing.

Administración electrónica

Por último, e como ven sendo habitual tamén no programa de inclusión e capacitación dixital organizado polo Concello, inclúese un último bloque temático centrado na administración electrónica. Con el preténdese achegar á poboación os coñecementos precisos para poder relacionarse de forma exitosa coas distintas administracións mediante o uso das distintas ferramentas que se necesitan. Así, impartirase un curso sobre Uso do DNI-e/ Chave, PIN, e certificados dixitais e outro sobre Trámites electrónicos e E-Administración. Cun apartado específico destinado á sede Electrónica do Concello de Vilagarcía.

Consulta o programa:
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -