_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TRÁFICO
Dr. Tourón e avenida de Cambados verán o tráfico restrinxido durante tres días polas obras de asfaltado

A avenida do Dr. Tourón e o tramo inicial da avenida de Cambados verán restrinxido o tráfico entre o luns e o mércores da vindeira semana, é dicir, os días 20, 21 e 22, como consecuencia das obras de fresado e posterior asfaltado o vial. Para non ter que pechar o trazado na súa totalidade, actuarase primeiro nun sentido e despois, no outro. En consecuencia, haberá regulación semafórica e presencial dos operarios da obra.
18.03.2023. O concello recomenda, por iso, que quen queira saír da cidade cara o Sur o faga a través da avenida de Agustín Romero, partindo da glorieta da Mariña Española, e quen queira entrar vindo dende a circunvalación ou dende Sobradelo (estrada vella a Cambados) o faga a través de Pablo Picasso, partindo da rotonda do porto (xunto ao Eroski). As dúas posibilidades estarán claramente indicadas con carteis sobre valados. O concello pide comprensión aos condutores, deixando así o único vial de Dr. Tourón para os residentes da zona, os transportes e as emerxencias.

Ao longo desta semana, a empresa que realiza os traballos rematou a reparación e ampliación das beirarrúas, que contarán con árbores e bancos, e as zonas de aparcamento. Despois de asfaltar os dous tramos das avenidas afectadas por la obra principal da rotonda que une ambas coas rúas Fontecarmoa e Vistalegre, procederase ao pintado e á sinalización vertical. Feito isto, será cando se restitúa o tramo de ciclovía tamén afectado por las obras. Segundo a planificación do concello e a empresa, na primeira semana de abril, é dicir, antes dos festivos da Semana Santa, a obra realizada nas rúas adxacentes á rotonda estará concluída e, polo tanto, a nova ordenación do tráfico, plenamente operativa.

Como se sabe, o proxecto supuxo un investimento de case 180.000 euros, aos que hai que sumar o custe do estudio técnico dunha enxeñería especializada en mobilidade, que analizou os fluxos circulatorios e propuxo a realización da rotonda desbordable. Con esta medida, mellorará a fluidez do tráfico, eliminando os semáforos existentes ata hai ben pouco e os cruces á esquerda, pero, ao tempo, gáñase en accesibilidade e seguridade, ao ampliar e humanizar as beirarrúas. Aínda estando en obras, o feito de cambiar o sentido das rúas Vistalegre, López Cuevillas e Manuel Antonio, xa facilitaron esa fluidez, o mesmo que a saída sen semáforo da rúa Fontecarmoa cara Dr. Tourón.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -