_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A nova piscina estará homologada para competicións oficiais e disporá de bancadas con capacidade para 330 persoas

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o arquitecto redactor do proxecto de ampliación da piscina municipal de Vilagarcía, Jesús San Vicente, presentaron este mediodía o deseño e as características da actuación que permitirá a Vilagarcía “contar cunha piscina espectacular e que será a envexa de toda Galicia”, en palabras do rexedor. Ademais de resolver as carencias e problemas das actuais instalacións e de prever a súa ampliación coa construción dun segundo vaso, o proxecto dotará á infraestrutura das condicións e equipamentos precisos para homologala de cara á celebración de competicións oficiais, con marcadores e premedores electrónicos e con bancadas con capacidade para 330 persoas.
17.03.2023.- Comodidade, operatividade, confort, racionalización de espazos, optimización de recursos e eficiencia enerxética son os criterios seguidos para a elaboración dun proxecto para o que o arquitecto tivo en conta as achegas do Concello, da concesionaria da piscina e do club de Natación e Salvamento. Neste punto, San Vicente explicou que o principal reto á hora de afrontar este deseño foi conseguir que os traballos se poida realizar sen ter que pechar a piscina.

Cun investimento total de 3.701.559 euros, o proxecto realizarase en dous lotes. O primeiro, executarase este mesmo ano cun orzamento de 517.445 euros a financiar con fondos europeos, e se centrará nas actuais instalacións. Consistirá en reformar os vestiarios, optimizando e reorganizando o espazo dispoñible de xeito que se triplicará tanto o número de duchas como de taquillas dispoñibles. A segunda intervención nesta primeira fase consistirá en resolver os problemas de filtracións e humidade da fachada vidrada da piscina, mediante un novo peche estanco que mellore o rendemento enerxético das instalacións.

San Vicente explicou que, para non interferir no servizo, instalarase o novo peche por fóra das instalacións “como unha pel exterior”, e logo procederase a desmontar o actual, polo que a piscina poderá continuar utilizándose. O mesmo procedemento seguirase para a mellora dos vestiarios, ao manterse sempre dispoñible unha zona para dar servizo, mentres se vai arranxando a outra. Segundo explicou o redactor, o plan de traballo está organizado de xeito que só sexa preciso pechar as instalacións un máximo de tres ou catro días.

Zonas diferenciadas para “pés sucios e pés limpos”

O segundo lote a executar, cun orzamento de 3.184.114 euros, prevé a construción do novo edificio en paralelo ao corpo da piscina actual. Este bloque acollerá o segundo vaso, de 25x12,5 metros e con oito rúas. Tamén unha zona de bancada a un nivel máis elevado e con capacidade para 210 usuarios de “pés sucios”, os espectadores que acoden a ver competicións, e para outros 120 de “pés limpos”, que son os deportistas que compiten, monitores e persoal das instalación, repartidos estes en torno ao vaso.

O novo edificio estará conectado coa piscina actual mediante un corredor interior polo que os usuarios da piscina poderán transitar para ir dos vestiarios ás zonas de auga e demais servizos. Pero tamén contará cun acceso independente e directo dende o exterior para o público das competicións, que non terán que pasar polas zonas comúns.

O segundo vaso deseñouse para optimizar recursos ao máximo, polo que a zona de control e vixilancia da piscina actual converterase nun posto único central dende o que se poderán realizar estas funcións en ámbolos dous vasos, evitando así duplicar persoal e perder espazo.

Marcadores electrónicos, premedores en cada rúa e plataforma de gravación
En canto aos equipamentos, o proxecto inclúe a instalación de marcadores electrónicos e premedores en cada rúa da piscina, elementos básicos para poder ser homologada para acoller competicións oficiais. Tamén disporá de plataforma elevada de cámara para poder filmar as probas.

O arquitecto tamén tivo en conta os criterios de confort á hora de elixir as tonalidades do interior da piscina, que combinará o laranxa co verde claro, cores que xeran sensación de calidez e relaxación.

Xa polo exterior, o novo edificio, construído en dous niveis debido á diferenza de cota do terreo, revestirase con lousas de granito e, para darlle un aspecto máis natural e rebaixar a presenza volumétrica, levará unhas franxas cerámicas na parte inferior, a máis próxima ao chan. Tamén para aportar verdor, a urbanización da contorna farase mediante a instalación dun pavimento de celosía de formigón que, ademais de facilitar o drenaxe das augas pluviais, permite que medre a herba entre os ocos, aportando unha imaxe máis natural. Nesta zona habilitaranse algunhas prazas de aparcamento para coches e tamén aparcabicis.

Previsión de prazos

Como xa se adiantou, o primeiro lote do proxecto executarase de forma inmediata con fondos europeos, De feito, estase traballando xa no procedemento para poder sacar a licitación as obras coa maior brevidade. A previsión é que a reforma e ampliación dos vestiarios e a construción do novo pechamento estanco da piscina actual estean rematados antes de que remate este mesmo ano.

De forma simultánea, o goberno local traballará na concreción das vías de financiamento do segundo lote do proxecto. O alcalde explicou que se conta con varias opcións, “dende recursos propios, aos fondos da Deputación, que sempre está aí para botarnos unha man, e non estaría demais que a Xunta tamén aportase algo igual que están a facer en municipios veciños nos que están anunciando grandes investimentos”.

En calquera caso, Varela Paz indicou que, “contaremos cos recursos necesarios igual que como fixemos coa reforma do pavillón de Fontecarmoa, que vai comezar en breve, coa Biblioteca, ou con outras grandes obras, porque o que este goberno quere é que a ampliación da piscina estea rematada canto antes e que Vilagarcía conte co equipamento deportivo amplo e moderno que os usuarios demandan e que nos permitirá acoller competicións de primeiro nivel”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -