_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Silva: “Vilagarcía é un referente galego polo seu modelo transformador que mellora a calidade de vida dos cidadáns”

Un mes despois de que os vilagarciáns veñan gozando día a día do novo espazo público habilitado na rúa Arcebispo Lago, o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e a presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, acompañados de varios concelleiros do goberno e do arquitecto redactor do proxecto visitaron esta mañá a zona recentemente humanizada co obxectivo de testar o resultado final das obras.
15.03.2023.- Xa no mesmo inicio do percorrido, “gozando do son da auga desta fonte e vendo como os cidadáns pasean por este novo espazo”, a presidenta do organismo provincial referiuse ao “impresionante proceso transformador que está tendo en lugar na vila co goberno de Alberto Varela, que pon a Vilagarcía como referente a nivel galego de como debe renovarse unha cidade para mellorar a calidade de vida dos seus veciños”.

Varela lembrou que coa obra de Arcebispo Lago gañáronse 1.700 metros cadrados para uso dos peóns, nunha actuación que da continuidade á Praza de Galicia e entronca coas anteriores humanizacións Rey Daviña, Castelao e Vista Alegre e que se completará xa nos vindeiros anos co novo proxecto de Conde Vallellano, creando así toda unha área peonil no centro urbano atravesado por un eixo que vai dende a Praza da Constitución ata a zona da Xunqueira.

A obra de Arcebispo Lago precisou dun investimento de preto de 700.000 euros que se financiou con fondos provinciais a través do Plan Concellos e do Plan Ágora e tamén cos fondos europeos obtidos polo Concello a través da estratexia EDUSI. Neste punto, tanto Varela como Silva advertiron que todas as grandes obras levadas a cabo neste tempo en Vilagarcía e as que se están executando, como as humanizacións da Praza de Galicia, da Rúa Sobrán e de Arcebispo Lago ou a construción da nova Biblioteca, por citar algunhas, se están financiado exclusivamente con recursos do propio Concello, de distintos plans da Deputación e con fondos europeos.

O alcalde agradeceu a Silva “o apoio incondicional que sempre presta ás iniciativas do Concello de Vilagarcía para que poidamos continuar con este proceso transformador”. En resposta, a presidenta provincial asegurou que a Deputación aposta sempre por aqueles proxectos que signifiquen a mellora da calidade de vida dos cidadáns “porque esa é a forma que nós temos de facer política, e os proxectos de Vilagarcía camiñan neste sentido”.

Varela Paz asegurou que a idea do executivo socialista é “continuar
desenvolvendo este modelo de cidade atractiva, amable e onde os cidadáns sexan os protagonistas dos espazos públicos”, e Carmela Silva comprometeuse a continuar apoiando a Vilagarcía con novos investimentos “tanto en obras, como en equipamentos e infraestruturas que fagan máis doada e agradable a vida dos seus cidadáns”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -