_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O concello asume a cesión do vello alxibe de Vilaxoán para poder derrubalo despois

O vello alxibe da rúa Rodríguez Padín, de Vilaxoán, ten as súas datas contadas. Hoxe, o goberno de Alberto Varela acordou aceptar a súa cesión, unha fórmula xurídica que permitirá que o concello se poida facer con el para logo derrubalo, poñendo así fin a un embrollo que ten a súa orixe nos anos 40 do século pasado, cando se mesturou o público co privado.
13.03.2023. A estrutura, de 9 metros de altura, se sustenta sobre catro columnas de formigón armado. Foi promovido en 1949 dentro dun proxecto da “Obra Sindical del Hogar y la Arquitectura” do Movemento para dotar a Vilaxoán de 8 casas exentas e 22 máis encostadas. Dende hai moitos anos, o depósito deixou de fornecer auga ás vivendas, que están conectadas á rede xeral do concello, pero aparte da súa inutilidade o principal problema é o seu deterioro, con ferros á vista que poden aventurar accidentes nun futuro.

A asociación de veciños de Vilaxoán, presidida entón por Joaquín Santamaría, advertiu hai meses ao concello dese perigo e da necesidade de buscar unha solución. Unha saída que, en principio, non era doada: a promoción do alxibe podía entenderse como pública, posto que a propuxera a delegación nacional do Sindicato de Falanxe, pero foi levantado nun terreo privado con permiso expreso do seu propietario. Agora que sería necesario derrubalo, non parecía lóxico que quen deu autorización para ocupar parte do seu terreo para beneficio veciñal, fóra quen asumiuse as consecuencias do deterioro e, polo tanto, dos gastos do arranxo ou retirada.

Foi así como os servizos técnicos e xurídicos do Concello chegaron á conclusión de que o máis sinxelo é que sexa a administración local que asuma a cesión desa instalación emprazada nun espazo privado. Unha vez feito isto, o concello xa poderá tramitar e custear a súa retirada, previa redacción do proxecto correspondente e a contratación dunha empresa que leve a cabo non só a obra, senón tamén a xestión dos residuos.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -