_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Vilagarcía ten unha cita o sábado no Auditorio con Pepe Álvarez: o homenaxeador homenaxeado

Poucos vilagarciáns poden descoñecer a Pepe Álvarez, un home presente en todos os saraos, espectáculos culturais e solidarios que se desenvolven en Vilagarcía, aínda que a maioría das veces o faga dende detrás do pano. A súa participación dende hai décadas en agrupacións musicais e teatrais, así como a súa faceta como realizador e coordinador de grandes eventos, xunto coa disposición que sempre mostra para colaborar desinteresadamente en calquera causa son as razóns polas que un grupo de amigos e o Concello organizan o sábado, 11 de marzo, un espectáculo de homenaxe a Pepe Álvarez.
08.03.2023.- El, que tantos homenaxes organizou para outras persoas, pasa ao primeiro plano con esta mostra de cariño e gratitude de todas aquelas persoas coas que colaborou, colabora e continuará colaborando.

Enganado acudiu ao Concello para participar na suposta presentación dun acto benéfico no que, supostamente se pedía tamén a súa colaboración. E sorprendido e sen poder conter as bágoas quedou tras descubrir ante os medios de comunicación que o espectáculo era o da homenaxe que se lle está organizando.

Foi a concelleira de Cultura, Sonia Outón, á que descubriu “o pastel” que unha serie de amigos e colaboradores lle tiñan preparado a Pepe, “que pensabamos ter organizado con motivo do seu 70 aniversario, pero que, por culpa da pandemia, tivemos que ir aprazando ata agora”. Outón resumiu a intensa actividade socio cultural desenvolta por Pepe en Vilagarcía e na súa contorna dende a súa mocidade, formando parte da coral Santa Eulalia, nos grupos Chapala e Ars Musicae, fundando o Coro Liceo hai 42 anos e sendo membro fundador do Orfeón Voces Graves de Arousa. Tamén dou algunha que outra serenata polos municipios do Salnés coa formación Cremallera e dirixiu o grupo de teatro Preixela de Vilanova e o coro de Amas de Casa o Noso Lar.

A maiores, a concelleira destacou a súa labor como realizador de grandes espectáculos, dende zarzuelas a concertos, pasando por numerosas homenaxes e espectáculos solidarios. “Pepe é un excelente realizador de espectáculos, ten unhas enormes dotes para organizar e coordinar a grandes grupos de persoas nun escenario, encargarse das escenografías e de realizar funcións marabillosas con moi poucos recursos. Saber que un evento deste tipo corre da man de Pepe é contar coa seguridade de que vai saír perfecto, porque el traballa con moito rigor e é un perfeccionista. E poñer todo ese talento a disposición de calquera colectivo ou persoa que llo solicita, é un dos seus maiores méritos, e é o que lle queremos recoñecer con esta homenaxe”.

Segundo explicaron Julio e Ricardo Cores, o espectáculo que están preparando porá en escena a unhas 150 persoas (entre músicos, cantantes, bailaríns e actores) e consistirá nunha especie de teatro musical cun fío narrativo que irá debuxando a Pepe Álvarez a través dalgúns dos momentos máis importantes da súa vida, e para o cal contaron coa complicidade da familia do homenaxeado. Non quixeron dar máis datos do que se poderá presenciar o sábado no Auditorio, “porque queremos que sexa unha sorpresa para Pepe”, quen adiantou que “vou a pasar a noite chorando de emoción”.

Sensiblemente emocionado, Pepe asegurou que “eu non me merezo isto”, pero acto seguido agradeceu “inmensamente esta mostra de cariño, que valoro especialmente porque eu, aínda que me sinto vilagarcián ata a médula, non nacín aquí, vin no ano 58 sendo un neno, e por iso satisfaime aínda máis que os vilagaráns me sintan como un máis e me amosen así o seu afecto”.

A cita de homenaxe a Pepe Álvarez será o sábado, 11 de marzo, ás 20.30 horas no Auditorio Municipal. A entrada é libre e de balde ata completar aforo. As invitacións poden retirarse o venres e o sábado no propio Auditorio en horario de 11 a 13 e de 17 a 20 horas. Son numeradas. O espectáculo comezará con “puntualidade británica”, segundo indicou Julio Cores, que advertiu ao público a estar sentado nas súas butacas ás 20.25 “porque ás 20.30 pechamos portas”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -