_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A ampliación da piscina executarase en dúas fases e cun orzamento total de 3,7 millóns de euros

A obra de “Reforma, mellora e ampliación da piscina municipal de Fontecarmoa” executarase en dúas fases co obxectivo de asumir o custe total da actuación, que se eleva aos 3. 701.560 euros, segundo o proxecto presentado polo arquitecto Jesús San Vicente Domingo. Para iniciar os traballos este mesmo ano, tal e como estaba previsto, o proxecto dividirase en dous lotes, de xeito que o primeiro, o relativo á reforma dos vestiarios e mellora da fachada sur do edificio actual se poida licitar de inmediato. A obra máis importante, a de construción do novo pavillón para albergar o segundo vaso e o corredor de unión entre ambas instalacións, acometerase a continuación.
06.03.2023- Para poder licitar a actuación en dúas fases é necesario desagregar o proxecto en dous lotes diferenciados, traballos adxudicados ao mesmo arquitecto por 3.500 euros e un prazo de entrega de dúas semanas.
Como xa se dixo, o lote 1 referirase ao proxecto básico e de execución da reforma de vestiarios na piscina actual e reparación da fachada sur, e terá un custe de 517.445 euros, (incluído o IVE). E o segundo, ao relativo á construción dunha nova piscina municipal en Fontecarmoa dotada de bancadas e a súa conexión co actual módulo, definindo ademais as actuacións de urbanización. O custe desta actuación ascenderá a 3.184.114 euros, IVE incluído.

O orzamento da obra proxectada polo arquitecto Jesús San Vicente duplica o importe previsto inicialmente polo Concello por dúas cuestións principais. A primeira, pola continuada escalada de prezos que están a sufrir os materiais da construción no último ano e medio e, en segundo lugar, polos criterios de calidade seguidos polo redactor tanto no contido como no continente das futuras instalacións, atendendo tanto á funcionalidade dos servizos como á estética da construción. Por isto, xunto coa necesidade de modernizar e ampliar as actuais instalacións, tal e como levan anos demandando os usuarios, o executivo local aposta por esta importante obra.

Inicialmente, o Concello tiña reservados 1.6 millóns de euros para financiar o proxecto, 600.000 a través do préstamo correspondente ao orzamento municipal de 2020, e o resto a través do programa “Vilagarcía Avanza”, financiado cos fondos europeos da EDUSI. O executivo local vén traballando dende hai tempo na procura do financiamento para acometer a segunda fase do proxecto.

Un vaso de 25 metros de lonxitude

O proxecto de “Reforma, mellora e ampliación da piscina municipal de Fontecarmoa” prevé a construción dun novo vaso de 25x12,5 metros (para complementar ao da actual instalación), nun volume independente pero conectado funcionalmente co actual edificio mediante un paso ou corredor cuberto. O proxecto contempla a reparación ou nova solución arquitectónica para a actual galería vidrada, que presenta graves problemas de estanquidade.

A ampliación desenvolverase nun edificio dunha única planta, resolve os accesos separados de deportistas e público asistente ás competicións e proxecta unha zona de bancada para presenciar as competicións. Ademais, prevé a construción dun nivel de soto onde instalar os sistemas de depuración e climatización, o vaso de compensación e outros equipamentos necesarios para o funcionamento da piscina. Tamén proxecta dependencias técnicas para aloxar en superficie os sistemas de ventilación.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -