_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía, destacada cun diploma da Red de Ciudades por la Bicicleta pola promoción deste medio de transporte

A Red de Ciudades por la Bicicleta destacou coa concesión dun diploma a labor realizada polo Concello de Vilagarcía en materia do uso deste medio de transporte alternativo e sostible. O recoñecemento fíxose no transcurso da gala de entrega dos premios Bikefriendly 2023 celebrada a pasada noite en Sevilla e á que acudiron o alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Mobilidade, Paola María, en representación da candidatura de Vilagarcía como finalista ao premio na categoría de Educación e Promoción, competindo coas cidades de Vitoria-Gasteiz, Murcia e Elche.
03.03.2023.- Malia que finalmente foi Murcia a que levou o galardón, o simple feito de que o proxecto de Vilagarcía fose seleccionado como finalista xunto con catro grandes cidades “xa foi todo un premio”, en palabras do rexedor local, “posto que poder competir con cidades cunha poboación entre 6 e 12 veces maior que a nosa –entre 230.000 e 447.000 habitantes-, e polo tanto, con recursos superiores na mesma medida, é algo moi meritorio e difícil de acadar”.

Felicitacións polo proxecto vilagarcián

Por ser finalista dos premios, Vilagarcía foi protagonista dunha das presentacións realizadas durante a gala. Foi a concelleira de Mobilidade a encargada de expoñer o proxecto e as actividades desenvolvidas no noso municipio en materia de educación e promoción do uso da bicicleta ante os representantes dos algo máis de 160 municipios que integran a Red de Ciudades por la Bicicleta, recibindo numerosas felicitacións por parte, tanto de representantes doutras cidades, como dos propios membros da organización. “Isto, ademais de avalar o traballo realizado, danos pulo para continuar avanzando por este camiño, que é o que marca Europa”, apuntou Varela.

Aparte da gala de entrega dos premios, os munícipes vilagarciáns asistiron ao longo da xornada ás diferentes mesas técnicas e actividades organizadas no marco do III Encontro da Bicicleta Urbana, nas que tomaron parte expertos nacionais e internacionais en distintas materias que entran en xogo no que ao uso da bicicleta como medios de desprazamento polas cidades se refire. A participación nestas actividades permitiu coñecer outras experiencias e poñerse ao corrente das últimas novidades que xorden neste campo, polo que resultan moi beneficiosas á hora de poder aplicalas logo na cidade. Diversos proxectos singulares e de boas prácticas que se están a desenvolver en municipios de toda España e tamén o proxecto das autopistas ciclistas de Dinamarca, que conta xa con 200 quilómetros de infraestrutura que esperan cuadriplicar en dúas décadas, foron algunhas das iniciativas destacadas pola edil de Mobilidade.

Segundo explicou María Mochales, a conclusión que se saca deste tipo de encontros é que o futuro das cidades pasa por facer extensivo o uso da bicicleta como medio cotiá de desprazamento, reducindo o uso e a presenza dos vehículos a motor ao imprescindible e procurando espazos urbanos máis agradables e sostibles. “Cada vez somos máis as cidades que estamos traballando nesta senda e cada vez son máis os argumentos e as experiencias positivas que nos atopamos para corroborar que este é o camiño que temos que seguir, pese ás reticencias iniciais dos cidadáns, que se repiten en todos os casos, como vimos de comprobar ao falar cos responsables doutos municipios, pero que acaban por desaparecer cando se leva un tempo testando e desenvolvendo os proxectos”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -