_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
O complexo educativo da Lomba estrea unha contorna moito máis segura para unha comunidade que se achega ás mil persoas

A prioridade é garantir a seguridade dos nenos. Así resumiu o alcalde, Alberto Varela, a filosofía dos camiños escolares seguros que se quere aplicar a todos os centros educativos do municipio. Unha idea que comezou a aplicarse na contorna da Lomba, onde hai catro centros cunha comunidade educativa de arredor de mil persoas –alumnado, pais, nais, profesorado-, e cun notable éxito. O investimento supuxo algo máis dun millón de euros.
02.03.2023. Calquera que tivera coñecido esta zona hai poucos meses sen dúbida verase sorprendido co cambio producido en todo a contorna que comprende parte da avenida de Matosinhos e a totalidade da rúa Xunqueira ata desembocar, como a primeira, na avenida do Doutor Tourón. Onde antes non había beirarrúas, e coches e autobuses tiñan unha difícil convivencia con pais, alumnos e profesores, agora hai unha beirarrúa e carril bici, delimitados da calzada por bolardos continuos e unha beirarrúa na outra zona, gañando así en seguridade e fluidez. Isto foi posible, primeiro, grazas ao acordo coa Consellería de Educación para retranquear o muro do propio colexio, e, sobre todo, despois de que o Concello lograse unha importante axuda do IDAE que, xunto con outros fondos propios e europeos, permitiu desenvolver estes primeiros camiños escolares seguros.

Con todo, a parte máis rechamante é a da zona do colexio Vagamule. Aquí habilitouse unha praciña resgardada por maceteiros con lavandas e, sobre todo, unha zona pintada de cor azul denominada “bico e vai!” onde proxenitores dos rapaces máis pequenos poden aparcar uns intres mentres deixan aos seus nenos co cole de forma sinxela e segura. O uso desta zona está reservada á comunidade educativa unicamente nos días lectivos, de 8:45 a 9:30 horas pola mañá e de 13:45 a 14:30 coincidindo coa saída do colexio. O resto do tempo, os veciños poderán utilizar estas prazas de aparcamento con total normalidade. Neste sentido, o alcalde preguntouse onde estaban agora os “agoreiros” que dicían que se ían perder 104 prazas de aparcamento, “cando non chegaron a 25”, como sempre sostivo o goberno local.

Alberto Varela defendeu este tipo de intervencións porque, insistiu, o primeiro é garantir a seguridade da comunidade educativa e, especialmente, a dos máis pequenos. Ao respecto, indicou que xa outros centros educativos se interesaron pola experiencia e piden participar tamén, algo que o concello xa está estudiando, tendo en conta que as características e necesidades da Lomba –onde hai catro centros- non son as mesmas que as doutras zonas con menos alumnos e profesores implicados, con menos tráfico e con accesos máis doados por outros medios distintos aos motorizados.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -