_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Unha empresa local asumirá provisionalmente a xestión do VaiBike!, cuxa posta a punto ultímase estes días

O Concello de Vilagarcía e o Instituto tecnolóxico de Castilla y León concretan estes días os últimos aspectos para a inminente posta en marcha do servizo municipal de bicicletas, o VaiBike!. Mentres que a adxudicataria do subministro e instalación das estacións e das novas bicicletas executa as conexións das estacións, a Xunta de Goberno Local acordou na sesión de onte adxudicar a Moto Bazar a xestión do servizo. Será un contrato ponte, de seis meses de duración, para permitir que as bicicletas empecen a rodar mentres non se remata o proceso de licitación e adxudicación da xestión definitiva.
28.02.2023.- A empresa vilagarciá da familia Louzán-Blanco ten unha longa traxectoria profesional no campo das bicicletas, tanto no que á venta como a reparación se refire, contado con taller propio. Segundo consta no contrato, durante os primeiros seis meses de funcionamento do VaiBike!, encargaranse de realizar as tarefas de vixilancia, conservación, limpeza de estacións e bicicletas, así como a reparación e substitución das bicicletas.

Liña telefónica para incidencias, reparacións in situ e nos talleres
Entre outras cuestións, o servizo inclúe o transporte de bicicletas ás estacións que quedaran sen elas, así como unha liña telefónica directa entre os usuarios e a empresa para comunicar incidencias ou avarías. Un equipo de tres persoas dedicarase ao servizo, para o que tamén se porán a disposición unha furgoneta e un remolque. As reparacións realizaranse tanto in situ, nas propias estacións, como nos talleres de MotoBazar, situados no centro da cidade, e aos que os usuarios poderán dirixirse directamente en caso de ter que realizar unha reparación de urxencia. O prezo a pagar polo Concello pola realización destes traballos será de 2.500 euros mensuais, IVE aparte.

Resolto este punto, ao Concello só lle queda aprobar os prezos de uso do VaiBike!, trámite que se materializará an Xunta de Goberno da vindeira semana. En principio, haberá un abono anual por 36 euros, un mensual de 20, unha cota semanal de 12 euros e outra de 5 euros por uso diario. Unha App para teléfonos móbiles habilitada para o VaiBike! será o sistema que haberá que utilizar para facerse usuario do servizo, elixir o abono que se desexe e utilizar as bicicletas das 16 estacións que operarán en todo o municipio.

O Concello informará do momento no que a App estea dispoñible para descargar e operar, unha vez estean dadas as correspondentes altas nos servizos informáticos que permitirán operar online e vía wifi. Tamén se recordarán as normas de uso do sistema de aluguer de bicicletas, así como a data de inicio da prestación.

16 estacións para facilitar o uso da bicicleta

Como se sabe, a renovación e ampliación do VaiBike! estenderá o servizo de préstamo de bicicletas por todas as parroquias do municipio, pasando das 5 estacións que existían inicialmente, ás 16 coas que contará a partir de agora. Así, aos puntos de retirada e depósito do Cavadelo, estación do ferrocarril, praza da Liberdade (Carril), Piñeiriño e do parque de dona Concha (Vilaxoán), súmanse agora as 11 novas situadas na urbanización do Rial, no Freixo, nos edificios de As Gaivotas (Vilaxoán), no paseo marítimo de Canelas (Sobradelo), no campo Manuel Jiménez (Fontecarmoa), na praza Ramiro Carregal (Fexdega), na rúa San Roque (nas inmediacións do IES Castro Alobre), nas Carolinas (próxima ás superficies comerciais), na Praza de Ravella (fronte ao Concello), na Praia da Compostela, e na contorna do instituto de bacharelato de Carril.

Máis vehículos e ciclos adaptados para un uso totalmente inclusivo

O parque de bicicletas ascende a 79 novos vehículos, 4 dos cales serán “handbike”, adaptados para usar con cadeira de rodas. Ademais, entre as melloras ofertadas pola empresa, se aportaron 11 unidades de cadeiras portabebés para bicicletas e un servizo garantido de resposta e reparacións en 24 horas. Os vehículos atópanse dende hai semanas gardados en instalacións municipais en espera de que o servizo entre en funcionamento. Xa están totalmente equipadas e rotuladas.

A ampliación do VaiBike! é unha das medidas que o Concello de Vilagarcía está a levar a cabo para promover e facilitar o uso da bicicleta como medio habitual de desprazarse pola cidade, no marco das políticas de mobilidade sostible que defende o executivo local. A maiores da labor de información e concienciación, tamén se realizaron numerosas actuacións de creación de infraestruturas e disposición de medios que permitan aos cidadáns moverse por Vilagarcía en bicicleta de forma doada e segura.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -