_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
EDUCACIÓN
O Concello contrata por 21.000 euros a reposición da cuberta do local da ANPA do colexio de Carril

A Xunta de Goberno Local de Vilagarcía adxudicou o luns as obras de reposición da cuberta da antiga casa do conserxe do colexio de Carril cun investimento de 21.000 euros. A intervención municipal foi necesaria dada a gravidade do estado no que se atopaba a edificación, que estaba sendo utilizada pola ANPA, e que incluso presentaba risco de desprendementos, segundo o informe do técnico municipal. Tras ordenar a inspección do edificio por parte do Arquitecto Municipal e de reunirse coa dirección do centro e os membros da ANPA, o alcalde, Alberto Varela, comprometeuse a resolver o problema á maior brevidade.
02.02.2023.- A empresa César Paz será a encargada de acometer os traballos que comezarán nos vindeiros días e que teñen un prazo de execución de tres meses.

As actuacións a realizar teñen como obxectivo poñer fin ás graves deficiencias do inmoble, onde aparecían “fendas ostensibles” que afectaban, sobre todo, á lousa inclinada da cuberta. O forxado tamén presentaba defectos nas armaduras, que estaban degradadas e provocaban unha perda da capacidade de resistencia. Por último, o material de cubrición carecía de illamento térmico e as fendas, ademais de provocar a filtración de auga e humidades ao interior do edificio, tamén comprometían a estabilidade dos propios elementos estruturais.

En base a iso, as obras contratadas consistirán en demoler a cuberta actual, formada por lousas inclinadas de formigón e acabado de tella mixta, para proceder a instalar unha estrutura metálica formada por perfís de aceiro, coas dimensións necesarias para soportar as sobrecargas do peso propio dos materiais, do uso, e do vento.

A nova cuberta formarase con paneis sandwich composto por dúas chapas de aceiro prelacado e con illamento térmico. A obra inclúe a xestión dos refugallos resultantes dos traballos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Mar 2023  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
voluntariadogalego.org
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2023. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -