_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O sobrecuste da obra do pavillón de Fontecarmoa financiarase con parte dos fondos do Plan Concellos de 2023

O Concello de Vilagarcía disporá este ano de preto de 1 millón de euros a través do Plan Concellos 2023, parte dos cales destinaranse a financiar o sobrecuste que sufriu a obra da reforma do pavillón número 1 de Fontecarmoa debido ao incremento de prezos dos materias. A maiores de resolver este imprevisto, o goberno local tamén incluíu no programa provincial unha partida para implementar a execución da reforma na Praza de Abastos de Vilaxoán, a execución de melloras de accesibilidade no acceso a Trabanca Sardiñeira, en Desamparados e no Cemiterio Municipal, así como as obras da rúa Ameixeiras e da ampliación de saneamento na rúa Rianxeiro, en Cornazo.
28.01.2023.- Os 425.554 euros destinados a implementar o presuposto da reforma integral do pavillón de Fontecarmoa en base á revisión dos prezos elevan o presuposto da obra aos 2.129.428 euros. Trátase dun investimento moi cuantioso pero tamén moi necesario para que Vilagarcía conte cunha infraestrutura deportiva moderna e en óptimo estado, tanto para ser utilizada polos clubs e veciños do municipio como para acoller competicións deportivas oficiais e eventos de carácter nacional e internacional. Unha vez se tramite a solicitude de fondos do programa provincial, o Concello volverá a licitar a obra co obxectivo de iniciala canto antes. A primeira vez quedara deserta ao non terse presentado empresas debido a que o presuposto, calculado antes da escalada de prezos do último ano, non resultaba competitivo.

No marco da liña de actuación que está a seguir o Concello de cara á modernización e mellora dos mercados públicos, o executivo socialista tamén reserva unha partida do plan provincial para actuar na Praza de Abastos de Vilaxoán. Son 117.532 euros para completar un proxecto de acondicionamento presupostado en 232.732 euros.

Outra das liñas habituais de traballo do goberno local son as obras de accesibilidade. Nesta ocasión son tres as actuacións que se financiarán a través do Plan Concellos. A primeira, a mellora do acceso peonil á zona de Desamparados dende a avenida Doutor Tourón, á que se destinan 170.752 euros do Plan Concellos para completar o orzamento que supera os 250.000 euros. Outros 160.000 euros destinaranse á
acondicionar e mellorar a accesibilidade na entrada a Trabanca Sardiñeira dende a avenida Rosalía de Castro, actuación para a cal fixa unha partida de 160.000 euros. Por último, e tamén debido ao incremento dos presupostos redactados previamente ao encarecemento dos prezos do materiais, tamén se engaden fondos aos previamente presupostados para o proxecto de accesibilidade do Cemiterio Municipal de Rubiáns, sumando 27.815 euros para completar unha actuación que ten un custe total de 266.200 euros.

Nesta mesma situación se atopaba o proxecto de mellora da accesibilidade e seguridade viaria na Rúa Ameixeiras, que precisaba un aporte de fondos para completar o orzamento inicial dispoñible e poder licitar as obras. Deste xeito, agora súmanse os 39.100 euros que restaban á obra coa que se pretende mellorar a seguridade peonil nun tramo do acceso que conduce ao instituto Armando Cotarelo.

No apartado de mellora da rede de saneamento inclúense dúas actuacións a levar a cabo na parroquia de Cornazo: A ampliación do saneamento na rúa Rianxeira, á cal se destinan 29.240 euros, e na rúa Galufa, con outros 24.000 euros.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -