_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A presión municipal consegue que a SAREB arranxe o muro en risco de derrube do solar da rúa Extramuros

A presión municipal levada a cabo polo Concello de Vilagarcía para conseguir que SAREB garanta a seguridade do muro do solar que a sociedade posúe na Rúa Extramuros de Carril, vén de dar os seus froitos. O expediente disciplinario aberto contra a propiedade e os repetidos requirimentos realizados dende a administración local derivaron na presentación da comunicación previa por parte da empresa para executar a renovación do muro, trámite do que tomou coñecemento esta mesma mañá o Consello de Xerencia de Urbanismo e que contou co informe técnico favorable a efectos de autorizar as obras cuxas taxas foron previamente abonadas, tal como esixía o Concello.
26.01.2023.- Grazas á insistencia do Concello, os veciños e usuarios da rúa Extramuros poderán ver resolto moi pronto un dos problemas que viñas denunciando dende hai tempo, tanto no relativo á inseguridade deste muro, como ao problema que supoñía a ocupación preventiva da beirarrúa en todo o tramo da fachada do solar. As valas instaladas polo Concello para evitar riscos aos peóns, retiraranse tan pronto como estean executados os traballos, volvendo a quedar habilitada a beirarrúa dunha rúa moi transitada, especialmente polos escolares que acoden ao colexio de Carril.

Ademais de facerse cargo das obras de reposición do muro de bloques de formigón de unha lonxitude duns 20 metros, a SAREB tamén terá que abonar as correspondentes taxas de ocupación da vía pública durante os días nos que foi preciso ter valada a zona.

Chegar a este punto non foi doado, xa que o expediente (o segundo iniciado en relación a esta propiedade) remóntase a maio de 2022, e tratar con este tipo de sociedades inmobiliarias acostuma ser complicado e farragoso, como xa se demostrou na primeira actuación disciplinaria, incoada en decembro de 2020. Daquela o problema se refería ao mal estado do peche de malla do solar na súa fachada cara avenida Rosalía de Castro, na limpeza de maleza e na desratización dos terreos. Estes traballos foron realizados e documentados, tamén tras varios requirimentos e trámites e foi, a raíz da inspección municipal levada a cabo o pasado mes de maio para corroborar o estado da finca, cando se procedeu á apertura do novo expediente en relación á fachada da Rúa Extramuros e a maleza que xa volvía a medrar de forma descontrolada e que a propiedade ten a obriga de limpar.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -