_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
Vilagarcía exhíbese ao mundo a través do orgullo dos seus veciños por unha cidade que “é outra historia”

Quen mellor pode vender Vilagarcía ante o mundo que os propios vilagarciáns? Ninguén. Por iso os propios veciños da cidade fixeron de narradores nun dos dous vídeos que o Concello de Vilagarcía de Arousa presentou na Feira Internacional de Turismo de Madrid, FITUR, para promocionar ante o mundo a Cidade de Arousa. Vilagarciáns de nacemento e tamén de adopción exerceron como os mellores embaixadores da cidade, describindo con verdadeiro orgullo como é Vilagarcía de Arousa, que se pode atopar en ela e que é o que a fai única, especial e un destino imposible de perderse.
19.01.2023.- “Bonita, emprendedora, acolledora, viva, cómoda, transformadora, xenuína, pioneira ou inconformista” son só algúns dos adxectivos utilizados por empresarios, comerciantes, viandantes e mesmo famosos como o medallista olímpico Antón Paz, o televisivo cociñeiro Xoanqui Ameixeiras ou o actor David Seijo.

O alcalde, Alberto Varela foi o encargado de presentar o acto que o Concello de Vilagarcía protagonizou no stand do Ministerio de Turismo, baixo o paraugas de Turespaña, e que contou coa presenza da propia Secretaria de Estado de Turismo, Rosana Morillo. O vídeo “”Vilagarcía, Cidade de Arousa” foi o que abriu o acto presentando ao noso municipio como a capital da Ría “máis grande, fermosa e produtiva do mundo” e destacando o seu carácter urbano e dinámico, o seu respecto pola tradición e as súas ansias de innovación, toda a oferta lúdica, cultural, natural, comercial e de servizos que ofrece, así como e tamén o seu estratéxico emprazamento no medio do Eixo Atlántico, cos dous aeroportos a menos de 1 hora e con conexións ferroviarias diarias coa capital de España.

Despois da presentación “co corazón” feita polos propios vilagarciáns para amosar ese “orgullo de cidade que temos, que queremos amosar e compartir con todo o mundo”, o rexedor dou paso a un segundo vídeo promocional que, baixo o título de “Vilagarcía é outra historia” fai un percorrido polos principais recursos e atractivos turísticos da cidade. Antes de dar paso ao audiovisual, Varela Paz deixou constancia da “singularidade” de Vilagarcía e de todo o que a fai un destino “único e irrepetible no mundo” apuntando feitos como “contar coa illa máis verde, frondosa e misteriosa do Parque nacional das Illas Atlánticas, Cortegada, unha illa á que se pode chegar camiñando sobre terra e da que ter ve volver necesariamente en barco”, ser a primeira estación de Galicia á que chegou o ferrocarril, contar coas únicas “hortas marítimas” nas que se “cultiva, e digo ben, cultivan- as prezadas ameixas de Carril”, ou contar cun xacemento arqueolóxico, o Castro de Alobre, incrustado no tecido urbano.

O alcalde tamén lembrou as Festas de Interese Turístico Nacional “nas que a imaxe do santo desfila bailando”, a festa da Auga, o Monumento Histórico Nacional do conxunto de Vista Alegre, uns montes cheos de petróglifos e marabillosos miradoiros á Ría, paseos marítimos, praias de bandeira azul, rúas humanizadas polas que pasear, multitudinarios festivais de música e de cine, unha ampla rede de servizos e unha variada axenda de actividades das que gozar todo o ano como outros grandes atractivos de Vilagarcía. “Todo isto e moio máis e fai que unha visita á nosa cidade sexa outra historia”, rematou dicindo o alcalde invitando aos presentes a coñecer Vilagarcía.

Pincha nos seguintes links para ver os videos:

"Vilagarcía, Cidade de Arousa"
https://youtu.be/7oyzM7n2_LY

"Vilagarcía é outra huisotria"
https://youtu.be/VoBhGTNE5RQ

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -