_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
“Vilagarcía, Cidade de Arousa” acude a FITUR ao amparo de Turespaña e cunha presentación propia

Vilagarcia dobra este ano a súa presenza en FITUR, unha das maiores feiras internacionais de turismo do mundo, co obxectivo de dar maior alcance e difusión á promoción da cidade. Por primeira vez, o Concello acudirá baixo o paraugas de Turespaña e protagonizará unha presentación en exclusiva no stand do organismo estatal á que acudirá a Secretaria Xeral de Turismo, Rosana Morillo. O acto celebrarase o xoves pola tarde e nel o alcalde, Alberto Varela, presentará dous vídeos para dar a coñecer ao mundo a “Cidade de Arousa”.
17.01.2023.-Ademais, como xa aconteceu nos últimos anos, Vilagarcía tamén participará nos actos programados pola Mancomunidade do Salnés para a promoción conxunta dos seus municipios. O alcalde e o concelleiro de Turismo, Álvaro Carou, conforman a delegación que se desprazará a Madrid para participar en FITUR.

O rexedor salientou a “gran oportunidade” que representa para Vilagarcía poder contar cunha presentación propia ao amparo de Turespaña, un organismo con gran poder de convocatoria de turoperadores tanto nacionais como internacionais, “o que permitirá que a promoción de Vilagarcía teña maior alcance e difusión, tanto en España como foro do país”. Varela agradeceu as facilidades que o organismo estatal dou a Vilagarcía para representar a Galicia no seu stand, xunto con Vigo e a Deputación de Pontevedra.

Orgullo de cidade

Na presentación do xoves pola tarde o alcalde presentará os dous vídeos elaborados pola firma Esmerarte e que se estrearán en FITUR para promocionar Vilagarcía combinando a exhibición dos recursos e atractivos turísticos, co orgullo que os vilagarciáns senten da súa cidade e que se mostra a través das manifestación de varios veciños e veciñas. Todo elo, destacando a relevancia do municipio no conxunto da ría por ser Vilagarcía, a Cidade de Arousa.

Contactos con China e Logroño

En canto á acción promocional a desenvolver no marco da Mancomunidade, Carou explicou que entre a axenda de reunións e contactos a establecer destacan o encontro cunha delegación da Embaixada China para amosar o destino turístico do Salnés e captar visitantes procedentes do país oriental, “un inmenso nicho de turistas potenciais que se adaptan aos intereses da zona, xa que non viaxan buscando sol e praia, senón historia, patrimonio, gastronomía, natureza… e iso é precisamente co que contamos nós e o que encaixa á perfección coa estratexia na que estamos a traballar para desestacionalizar o turismo na comarca” apuntou o concelleiro. Neste marco, tamén se manterán reunións con representantes de Logroño establecer un convenio de colaboración entre esa provincia e O Salnés en base a súa tradición vitivinícola e ao Camiño de Santiago.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -