_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Praza de Vilagarcía difundirá o proxecto de cooperación entre Galicia e Nicaragua “Mulleres do Mar”

O Concello de Vilagarcía volve a participar nunha iniciativa do Fondo Galego de Cooperación, organismo do que forma parte dende hai anos. No marco deste relación, A Praza de Abastos será o lugar no que o martes 24 de xaneiro se dea a coñecer o proxecto “Mulleres do Mar”, desenvolto entre Galicia e Nicaragua co obxectivo de dar visibilidade e poñer en valor ás mulleres de ámbalas dúas zonas xeográficas que se dedican profesionalmente ao sector pesqueiro e marisqueiro. As concelleiras de Muller, Tania García, e de Promoción Económica, Alba Briones, recibiron esta mañá a representantes das asociacións Mulleres Salgadas e Amigas da Terra para coñecer a iniciativa.
13.01.2023.- Co financiamento do Fondo Galego de Cooperación, Amigas da Terra levou a cabo en 2021 un proxecto de cooperación con Nicaragua “Mulleres no Mar” co obxectivo de contribuír á innovación, o desenvolvemento e a sustentabilidade social e ambiental do sector pesqueiro na Reserva Natural Padre Ramos e Aserradores, situada no departamento de Chinandega. A iniciativa desenvolveuse xunto á Fundación LIDER e coa colaboración da Universidade Nacional Autónoma de Nicaragua en León (UNAN-León).

Nove cooperativas de pescadores e pescadoras que se dedican ao cultivo de Pargo Lunarejo (Lutjanus guttatus) en gaiolas flotantes participaron no proxecto que tiña dous obxectivos intrinsecamente ligados. Por un lado, mellorar o sistema de produción acuícola de xeito sustentable e por outro. implicar a maior número de mulleres e promover que estas tiveses un papel relevante no proceso.

O modelo acuícola artesanal no que se centrou este proxecto permite ás cooperativas a crianza de pargo en cautividade, pero no seu medio natural, xa que as gaiolas se emprazan nas zonas do esteiro onde esta especie chega normalmente a desovar. Para acelerar os procesos de engorde e mellorar a produción, elaboráronse dietas de alto contido proteico para cada unha das etapas de crecemento do pargo, realizadas a partir de ingredientes locais.

Para o desenvolvemento e execución do programa entregáronse equipos e impartiuse formación para realizar a vixilancia da calidade das augas no esteiro medindo parámetros óptimos para o cultivo. As mulleres tomaron un papel protagonista asumindo estas tarefas de control da calidade das augas, o que mellorou a súa integración e posición dentro das cooperativas.

Unha rañeira da Illa e unha bateeira do Grove
Divulgar e difundir o traballo desenvolto neste proxecto de cooperación, así como os resultados e, sobre todo, a implicación das mulleres nel, é a segunda parte da iniciativa. Neste marco, editouse unha publicación a modo de calendario no que se dan a coñecer a varias mulleres profesionais do mar que desenvolven a súa labor en diferentes campos: a pesca, o marsiqueo, a acuicultura. Son as galegas, Rocío Patón Rial, rañeira da Illa de Arousa, e Alicia Rey Conde, patroa dun barco bateeiro de O Grove, e as nicaraguenses, Angy Daniela Flores Manzanarez, produtora de pargo en gaiolas flotantes e mariscadora, e Geralyn Pastora Benavides, acopiadora de peixe. Ademais dunha breve reseña da labor que fai cada unha delas, na publicación tamén se recollen algunhas das principais problemáticas dos seus respectivos sectores.

A publicación, que se repartirá na Praza de Abastos de Vilagarcía o martes 24 de xaneiro tamén inclúe un calendario das especies de peixes e mariscos de tempada, para promover o seu consumo nos momentos do ano no que se atopan nas óptimas condicións tanto de sabor como de prezo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -