_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
INFRAESTRUTURAS
Vilagarcía contará cun Pump Track na Florida na primavera de 2023, atendendo á demanda dos afeccionados á bicicleta

O vello circuíto de BMX da Florida, hoxe en desuso, xunto ao parque da Coca, converterase no primeiro semestre do ano 2023 nun moderno Pump Track, atendendo así á demanda dos afeccionados á bicicleta. Este tipo de circuítos consiste nunha pista que dispón de rodetes e xiros bruscos en varios tamaños e formas. Estes se utilizan para xerar velocidade ao bombear a bicicleta (movemento de empuxe) e non pedaleando. O Pump Track de Vilagarcía será polivalente, de xeito que poda ser usado tamén por aqueles que xa teñen un nivel máis elevado.
24.11.2022. Os concelleiros de Medioambiente, Diego García, e de Turismo, Álvaro Carou, xunto con enxeñeiro da empresa Move Miguel Fiuza, autor do proxecto, foron os encargados de presentar a proposta, que se preparou durante meses despois de estudar a fondo a parcela que hoxe ocupa o circuíto de BMX e logo de manter diversas reunións cos futuros usuarios desta instalación. Tanto García coma Carou destacaron a sustentabilidade do proxecto e o que suporá de empuxe para a oferta lúdica e deportiva da cidade, pero tamén de atracción para deportistas doutras localidades, pois é ben sabido que os afeccionados aos Pump Track adoitan desprazarse alí onde hai circuítos deste estilo.

Como queda dito, un PumpTrack está construído de forma que promove as habilidades técnicas, xa que a velocidade debe xerarse bombeando a bicicleta, non pedaleando nin por gravidade. A parcela elixida para a localización do Pump Track atópase na zona da Coca. O solar conta actualmente cuns montículos executados no seu día que poderán ser utilizados para instalar o Pump Track, mentres que outros serán eliminados con obxecto de dotar ao equipamento duns obstáculos máis axeitados a este tipo de deporte. A rampla existente de formigón integrarase na pista de nivel avanzado.

USO POLIVALENTE
Segundo explicou Fiuza, a instalación deseñouse pensando nun uso polivalente, tanto para nenos como para adultos, independente do nivel de destreza que teñan coa bicicleta, debido a que dispón dunha zona de maior complexidade conectada ao circuíto principal, para a realización de saltos e obtención de velocidades maiores ao incorporar a rampla de formigón existente.

O circuíto presenta un ancho de rodaxe de 1,5 metros e unha lonxitude aproximada de circuíto de 116 metros, de sentido único, o que minimiza o risco de accidentes en pista. A dirección de circulación sinalizarase mediante simboloxía, así como a marcaxe de carrís. O prazo de execución, cun presuposto de 48.000 euros, estímase nun mes e medio. Neste sentido, Álvaro Carou sinalou que será un dos investimentos a incluír no Orzamento municipal para 2023, de xeito que se non hai ningún impedimento, incluídos os meteorolóxicos, o Pump Track podería unha realidade da vindeira primavera.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Ene 2023  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
voluntariadogalego.org
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2023. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -