_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
URBANISMO
Comeza a conta atrás para dotar dunha glorieta ao cruce de Vistalegre e Fontecarmoa coa avenida de Cambados

A Xunta de Goberno Local decidiu hoxe adxudicar a Galsur, SL as obras de construción da glorieta da avenida de Cambados na súa confluencia coas rúas de Vistalegre e Fontecarmoa. O prezo de licitación era de 190.000 euros, pero finalmente foi adxudicada por 179.200 entre as seis propostas participantes na licitación. A empresa terá tres meses para executar as obras, contados a partir da sinatura do contrato, prevista para os vindeiros días.
Para a realización deste proxecto, o concello contratara a un estudio de enxeñería especializado en tráfico. A empresa fixo un estudo exhaustivo dos fluxos de mobilidade, tanto en sentido saída coma de entrada na cidade a través da avenida de Cambados. Igualmente, das incorporacións a este vial dende a urbanización do Piñeiriño e dende as rúas de Fontecarmoa (que vai cara o instituto Bouza Brey e o estadio de atletismo); de Vistalegre, que dá saída a parte do tráfico do centro comercial; e de Manuel Antonio, para acceder á urbanización da Xunqueira, pero con acceso á esquerda cando se vai cara o centro da cidade. A esta situación de certo perigo, únese a presenza dun control semafórico que ten que ter en conta diversas variables (saídas a esquerda e dereita e continuidade).

Coa glorieta prevista porase fin a estes problemas. Para facilitar o tráfico e especialmente o
movemento dos autobuses, terá forma irregular, non redonda, e ademais será "rebasable" no seu perímetro interior -doutro material- para facilitar precisamente esa maniobrabilidade. Para o seu deseño tívose en conta outros dos proxectos xa en marcha polo Concello: o desenvolvemento dos camiños escolares seguros e a da rede de ciclovías.

Aparte do feito de que desaparecerá a regulación semafórica que tantas queixas xeraba, ademais de ralentizar o tráfico, a principal novidade é o cambio de sentido da rúa Vistalegre, que agora xa non será de saída, senón de entrada, e consecuentemente, a mudanza tamén en Manuel Antonio, que será de saída e non de entrada, e, polo tanto, se evitará o xiro á esquerda, como viña sucedendo ata agora.

Paralelamente, se urbanizará a illa que se forma na conexión entre Vistalegre, Avenida de Cambados e travesía de Pablo Picasso e se ensanchará a beirarrúa que baixa dende a rúa Fontecarmoa ata a rúa Xunqueira, dando un paso máis na configuración dos camiños escolares seguros que unirán a urbanización do Piñeiriño co complexo educativo da Lomba. Este tramo dotarase se mobiliario urbano e vexetación.

Para a realización das obras, a empresa terá que pechar un carril –primeiro un; despois, acabada a intervención no outro, o segundo- de xeito que haberá unha soa dirección nun sentido e habilitarse unha solución alternativa para a dirección afectada polas obras. En calquera caso, comunicarase e sinalizarase con suficiente antelación.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2022  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
       
Congreso Vai de Rúas 2022
voluntariadogalego.org
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2022. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -