_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Agustín Pereira, empresario e ex alcalde, herdeiro de “La Emprendedora”, xa é fillo predilecto de Vilagarcía

Nun pleno extraordinario e de honra cargado de emotividade, a corporación municipal outorgou hoxe o título de fillo predilecto, a título póstumo, a José Agustín Pereira Fernández, falecido hai dous anos. Terceiro membro dunha saga de empresarios do mesmo nome, que comezou co significativo título de “La Emprendedora”, Agustín Pereira, “Titín”, foi propietario da empresa de autobuses Pereira SL, pero tamén presidente da Cámara de Comercio e alcalde na Transición, e destacou pola súa xenerosidade e o seu amor pola cidade.
2022. 11.19. O salón de plenos quedou pequeno para acoller a todas as persoas que quixeron amosar coa súa presenza o seu agarimo a unha persoa “boa” que sempre estivo disposta a axudar a quen o precisou, destacando especialmente a colaboración con entidades deportivas, sociais e educativas.

No seu discurso, o alcalde, Alberto Varela, que concluíu visiblemente emocionado, fixo un percorrido pola historia dos Pereira, dende que Agustín Pereira “Primeiro”, que posuía un establecemento de viños en Noia, creou, en 1910, a empresa de transportes “La Emprendedora” para explotar a liña Noia-Santiago. Dende ese momento, a empresa comezou a estender o seu territorio, coa creación de novas liñas, ata que en 1918 chegou a Vilagarcía, coa liña Santiago-Vilagarcía-Pontevedra. Daquela, Agustín Pereira fora xerente tamén de a “Unión Huevera”.

Pouco despois, xa nos anos 20, o fillo de Agustín Primeiro, tamén chamado Agustín Pereira, asentou o negocio na cidade, participando activamente na vida social, económica e política da cidade (de feito, participou na Cámara de Comercio durante 47 anos, entidade que chegou a presidir). Agustín Segundo casou en Vilagarcía coa Amalia Fernández, filla do propietario do “Galicia Nueva”, o xornal de referencia na época.

A Guerra Civil marcou un antes e un despois da empresa, pois segundo relatou o alcalde, os autobuses foron requisados e os condutores, alistados obrigatoriamente. Isto fixo reformular de novo os negocios, entre eles a conserva e os ovos, “e foi a segunda vez que os Pereira puxeron en relación ovos e emprendemento”, subliñou Alberto Varela. Trala Guerra, cun autobús recuperado en Valencia, os Pereira puxeron de novo en pé o negocio dos autobuses, que aínda segue hoxe, agora integrado no Grupo Abalo.

Do matrimonio de Agustín e Amalia naceu Agustín Terceiro, ao que agora se lle concedeu o título de fillo predilecto. Del, o alcalde destacou o seu talante. Non lle gustou estar na primeira liña, dixo, malia ter sido alcalde ou presidente da Cámara de Comercio, senón nun segundo plano. “Só fai falla ver como fixo o traspaso de poderes a súa filla Maísa, tal e como o seu pai fixera con el, estando sen estar ou ao revés; como celebraba os éxitos dos seus traballadores e as súas familias; como apostou pola igualdade de oportunidades –¿por que unha muller non ía poder conducir un autobús? ou ¿por que unha muller non podía ser a primeira xerente da estación de autobuses?-; como apoiou ás asociacións de veciños, ás Anpas, e aos clubs deportivos; como se preocupou porque os autobuses urbanos de Vilagarcía tiveran as primeiras plataformas baixas, cando aínda non eran obrigatorias; como a súa empresa promoveu os primeiros bonos sociais de transporte, asumindo parte do custe dos billetes; como foi máis alá no transporte escolar cando algunhas decisións políticas lle parecían incomprensibles... Calquera dos que estamos aquí, e moitos dos que non o están, saben que cando fixo falla, a empresa Pereira, e Agustín á fronte, sempre estiveron aí. E sen necesidade, insisto, de facer ruído”, resumiu o alcalde.

Na mesma idea insistiron tanto a súa cuñada, Fita Garrido, que falou no nome da familia, e tamén a súa filla Maísa, que reiterou as grazas á corporación “de todo corazón” e a todas as persoas que quixeron asistir a un acto tan emotivo. Pero especialmente foron celebradas as palabras de Jaime Bouzada, amigo dende a infancia de Agustín –naceron na mesma rúa e con tan só seis días de diferenza-, que fixo un percorrido pola Vilagarcía dende os anos 40 ata hoxe da man das vivencias compartidas co seu amigo. As bágoas e os aplausos remataron un acto inesquecible.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -