_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O CURTAS celebra as súas vodas de ouro coa temática das viaxes no tempo e un cartel futurista co fondo de Vista Alegre

Vilagarcía está de noraboa posto que este mes conmemora as vodas de ouro do CURTAS, o certame audiovisual decano de Galicia. O Festival do Imaxinario de Vilagarcía dedícase na súa 50 edición ás viaxes no tempo, tendo como centro de referencia a saga das películas de “Regreso ao futuro” e cun cartel no que enmarca na contorna de Vista Alegre a protagonistas de diferentes audiovisuais relacionados coas viaxes no tempo. Na 50 edición do certame, que se celebra do 21 ao 30 de outubro, proxectaranse 168 audiovisuais (140 curtametraxes e 28 películas) nos que están representados 30 países. Malia isto, Vilagarcía comezará esta mesma fin de semana a coller ambiente coa inauguración das distintas exposicións que amplían os contidos do concurso. E todo para ver e gozar de balde.
05.10.2022.- A 50 edición do CURTAS Festival do Imaxinario de Vilagarcía presentouse esta mañá no Salón García coa presenza do alcalde, Alberto Varela, a concelleira de Cultura, Sonia Outón, a deputada provincial de Turismo, Ana Laura Iglesias, e o director do certame e presidente da asociación Curtas, Luis Rosales.

O CURTAS vén de ser declarado de Interese Turístico Local por parte do Concello de Vilagarcía en recoñecemento a súa longa traxectoria e tamén á crecente dimensión que foi adquirindo nos últimos anos e a súa internacionalización, o que o converten nun evento “cunha enorme potencialidade para a cidade, de moito intereses tanto para a cultura como para o turismo, que nos axuda a dinamizar a vila con actividades de enorme calidade e atractivo e a desestacionalizar a tempada turística”.

Aproveitando a temática desta edición, o alcalde viaxou ao pasado, 8 anos atrás, para trasladarse ao momento no que, sendo tan só candidato á Alcaldía, tomando un café con Luis Rosales, o entón membro da asociación Curtas, lle expuxo un proxecto de revitalización e renovación do festival para convertelo en todo un evento internacional de enorme potencial para a cidade. “Vendeumo dun xeito tan atractivo e con tanta paixón que, meses despois, xa sendo alcalde, o meu goberno decidiu apostar forte e o Concello implicouse economicamente nel de forma importante, porque críamos firmemente neste proxecto. O tempo demostrou o acerto que iso supuxo”.

Varela Paz agradeceu “a ilusión e o traballo que durante todo o ano fan Luis e os membros da asociación para sorprendernos edición tras edición cun certame que segue medrando e traendo a ilusión e a maxia do cine a Vilagarcía, convertendo a nosa vila nun referente do audiovisual a nivel nacional e internacional”.

A sección oficial do CURTAS desenvolverase do 21 ao 30 de outubro coa proxección dos audiovisuais presentados ás distintas categorías do concurso e tamén co pase de famosas películas do xénero fantástico, este ano centradas nas viaxes no tempo, ás que o público pode asistir de balde.

Pero antes, xa a partir desta semana, poderanse visitar as exposicións que se repartirán entre a sala Rivas Briones e o Auditorio. Na primeira situarase a mostra principal e dedicada ao universo da saga “Regreso ao futuro” e, como reclamo, os días 21 e 22, tamén se exhibirá na rúa Rey Daviña o famoso Delorean no que Marty McFly viaxou no tempo. A elección da data da inauguración da sección oficial do CURTAS e a da exhibición do Delorean, o 21 de outubro, non foi casual, senón que é a mesma que na que fai a primeira viaxe temporal o personaxe encarnado por Michael J. Fox.

As oito exposicións deste ano son Expo ao Futuro, A arte de Paco Roca (Premio Nacional de Cómic), A Guerra dos Mundos (dos ilustradores Javier Olivares e Santiago Garcia), Ilustrando o Cinema (Fravio Greco), The Caricature Horror Exhibition Show, Back & Forward (50 anos de viaxes temporais no cinema, con carteis de famosas películas do xénero traducidos ao galego), Cinema de Mick Garris e A BD, a 9ª Arte: 10 anos creando nun garaxe.

Convidados nacionais e internacionais e xurado

Entre os primeiros profesionais do sector e do xénero en cuestión que xa teñen confirmada a súa asistencia ao CURTAS Festival do Imaxinario deste ano están Mick Garris, Dave McKean, Lone Fleming, Salvador Larroca, Elena Merino, Javier Olivares, Maxi Contenti, Flavio Greco, Pedro Torromé e Kiko Dasilva. Nos vindeiros días iranse coñecendo outros nomes aínda pendentes de confirmar.

En canto ao xurado do certame, estará composto por John Currie (director do Beeston Film Festival do Reino Unido), Romain Roll (responsable do Mercado BIF-Market no Festival de Cinema Fantástico de Bruxelas) e Iris Boss (autora e actriz alamana en films e teatro).

O CURTAS inclúe tamén outras actividades complementarias, como obradoiros, feira e mesmo unha xornada na que máis de 20 caricaturistas saíran ás rúas para retratar de balde a todas as persoas que o desexen.

+info en:
https://curtas.org
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -