_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O xurado dos premios da Rede Cidades que Camiñan cualifica de “excelentes” os novos espazos gañados para os peóns en Vilagarcía

As actuacións de humanizacións e peonalizacións levadas a cabo en Vilagarcía nos últimos anos mereceron o cualificativo de “excelentes” por parte do xurado dos Premios Ciudades que Caminan 2022 “grazas a súa accesibilidade, confort, á seguridade e que transmiten e a que crean una completa rede de traslados tranquilos e agradables na cidade”. Así o fan constar no fallo concedido a Vilagarcía no apartado de cidades medianas, de entre 20.000 e 100.000 habitantes, que a asociación de ámbito internacional fixo públicos onte, e no que tamén apuntan que a proposta do n oso municipio acadou os 100 puntos, a máxima puntuación posible.
05.10.2022.- Vilagarcía foi un dos tres municipios galegos galardoados este ano, xunto con A Coruña no apartado de máis de 100.000 habitantes, e o de Tomiño no de menos de 20.000.

Para a concesión destes premios, os membros do xurado, entre os que figuraban a urbanista Paula Teles, o arquitecto Mateus Porto e a planificadora urbana Paula García, valoraron aspectos como a adecuación das candidaturas aos principios da Rede, o número de actuacións realizadas dende o ano 2019 e o planteamento integrado, na perspectiva dun programa global para o municipio, o carácter replicable das actuacións e a labor de comunicación realizada.

Tendo en conta estes criterios, en relación a Vilagarcía resaltaron a modificación do concepto de circulación, establecendo a prioridade peonil onde antes era do automóbil” e poñendo de relevo que os novos espazos gañados teñen o cualificativo de “excelentes, grazas a súa accesibilidade, confort, á seguridade que transmiten e a que crean unha completa rede de traslados tranquilos e agradables na cidade”. No fallo tamén se destaca a aposta do Concello polo verde no espazo público e o feito de que estea traballando nun Plan de Mobilidade Sostible e desenvolvendo outras estratexias relacionadas con elo, como a aposta pola bici (Vaibike!, rede de ciclovías…), o apoio ao transporte público (Vaibus!) ou á mobilidade escolar (Camiños Escolares Seguros).

O alcalde, Alberto Varela desprazarase esta fin de semana a Palma de Mallorca onde a Rede de Cidades de Camiñan fará entrega dos premios no transcurso do congreso anual que organiza a asociación internacional sen ánimo de lucro.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -