_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
Madrileños e portugueses seguen a ser os visitantes maioritarios durante o verán en Vilagarcía

Os turistas procedentes de Madrid, no eido nacional, e de Portugal, no internacional, foron os que tiveron maior presenza en Vilagarcía durante o verán de 2022. Así se desprende das estatísticas elaboradas pola Oficina Municipal de Turismo de Vilagarcía, integrada na Rede Rías Baixas, durante o período comprendido entre o 1 de xuño e o 30 de setembro. A memoria recolle que neses catro meses pasaron polas dependencias municipais 13.358 persoas, unha cifra similar á rexistrada no ano 2019, o que demostra a absoluta recuperación da actividade turística tras os anos da pandemia.
05.10.2022.- O perfil tipo da persoa que visita Vilagarcía en verán repítese practicamente en relación aos anos anteriores, coa única diferenza de que se incrementou o peso do turismo nacional respecto ao internacional. Así, os visitantes máis numerosos son os que proceden do territorio nacional (o 58,8%), seguidos dos galegos (36,4%) e dos estranxeiros (4,7%).
No apartado de turismo nacional destaca a presenza de turistas madrileños (22,8%), seguidos dos que chegaron de Castela León (18,2%), Andalucía (9,4%), Asturias (8,5%), Valencia (8%), País Vasco (7,3%) e Cataluña (6%). En menores porcentaxes tamén pasaron polas dependencias da Peixería persoas procedentes de Estremadura (4%), Illas Canarias (3,7%), Castela La Mancha (3,3%) ou Cantabria (3%), entre outras comunidades.

O turismo interno, o galego, tamén mantivo un bo comportamento este verán, sendo maioría os visitantes procedentes de municipios da propia provincia de Pontevedra (73,8%), seguidos dos da Coruña a (22,7%), Ourense (2,14%) e por último, de Lugo (1,3%). Cómpre salientar que tamén os propios vilagarciáns recorren ao servizo de información municipal para solicitar información interna, de actividades e lugares que visitar en Vilagarcía, e tamén dos municipios da contorna. Durante os meses de verán, o persoal da oficina Municipal de Turismo atendeu a 2.840 habitantes da cidade.

No apartado de turismo estranxeiro, como xa se dixo, os máis numerosos foron os que procedían de Portugal (21,6%) seguidos dos de Francia (20%), Gran Bretaña (13,7) e Alemaña (10,5%). Tamén se recibiron turistas chegados de Italia (5,6%), Arxentina (4,2%) e Estados Unidos (4%), seguidos dos que viñan dos Países Baixos (3 %) e Uruguai (2,3%). Procedentes de Suíza, Bélxica, Dinamarca, Irlanda e Perú pasaron este verán por Vilagarcía entre o1 e o 2% dos turistas recibidos, rexistrándose tamén por debaixo destas porcentaxes a presenza de visitantes de Croacia, Polonia, República Checa, Estonia, Ucraína, Finlandia, Noruega, Australia, Brasil, Canadá, México, Chile, China, Corea del sur, Xapón e India.

O 75,36% dos visitantes que veñen a Vilagarcía dedican unha xornada a coñecer a cidade, tomándoa como base para visitar a contorna ou punto de paso. E o 45 % deles manifesta a firme intención de volver a elixir Vilagarcía como destino para as vindeiras vacacións.

En relación ao tipo de aloxamento escollido, o 40% opta polo apartamento turístico, o 22% por hoteis, o 12% ten segunda residencia en Vilagarcía e o 11% pernoita na casa de familiares ou amigos. O 6,7% utiliza o parque de autocaravanas de Fexdega, e case o 5% ven e alóxase na súa propia embarcación. Por último, escollen como aloxamento o cámping un 2,4% dos turistas, e en menores porcentaxes tamén houbo visitantes que se decantaron polo apartahotel, casas rurais, residencias ou pensións.

Con respecto ao medio de transporte no que chegan, o 43,7% viaxa en coche, o 43% en autobús, o 3% utiliza o tren, o 2% o avión e o 1,8% a autocaravana.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -