_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello, a través da mediación da FGCN, destina a uso social o material eléctrico incautado nunha plantación de cannabis

O Concello de Vilagarcía de Arousa é o primeiro municipio beneficiario dunha cesión para uso social de activos comisados ao narcotráfico. Trátase de diverso equipamento e material eléctrico incautado polos Corpos de Seguridade do Estado nun operativo realizado na zona das Rías Baixas no que se desmantelou unha plantación ilegal de cannabis. A cesión foi posible grazas á mediación da Fundación Galega contra o Narcotráfico e do Colexio de Procuradores de A Coruña que, xunto coa dirección xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, xestionan o Servizo de Xestión de Bens Comisados o Narcotráfico en Galicia.
24.09.2022.- O material incautado a unha organización dedicada ao tráfico de cannabis utilizábase para acelerar o crecemento das plantas e maximizar ao máximo a produción cando as plantacións se atopan en espazos interiores –ocultas por tratarse dunha actividade ilegal-, para o que precisan dunhas condiciones moi específicas de temperatura, humidade e iluminación que se obteñen mediante a utilización dun custoso equipamento eléctrico.

Ente o diverso material incautado había varias lámpadas de 600 vatios de potencia, extractores de aire, ventiladores e pantallas, así como térmicos, reactancias ou cableado de diferentes seccións.

Grazas á sensibilidade e ao interese das unidades xudiciais e policiais responsables e á xa mencionada iniciativa da FGCN, persoal do Concello de Vilagarcía foi o encargado de desprazarse ata o lugar da plantación para desmontar, cargar e traer o material ata Vilagarcía, onde se separou o que resultaba de utilidade do que non tiña posibilidade de ser reutilizado. Éste último despezouse convenientemente como material de desfeito e levouse ao Punto Limpo para o seu correcto tratamento e reciclado, como é o caso de materiais illantes, papel e láminas de aluminio, etc…

O Concello agradeceu a cesión do material que o Servizo Municipal de Electricidade e Alumeado xa leva utilizando un tempo. Por exemplo, os ventiladores puxéronse en diversas dependencias municipais de uso público durante a vaga de calor e os térmicos na instalación da cafetería do pavillón de deportes de Fontecarmoa durante a celebración do Encestarías. O resto do material vaise utilizando para reparacións e demais necesidades do servizo.

Independentemente do aforro que a cesión deste material pode supoñer para unha administración pública, o máis importante para o goberno local é que bens procedentes do narcotráfico – “que tanto mal causa á sociedade”-, poidan ser recuperados e reverter dalgún xeito en beneficio público e do conxunto da cidadanía. Neste punto, o executivo socialista tamén lembra as facilidades dadas polo Goberno do Estado ao Concello de Vilagarcía para adquirir a casa Jaureguizar, que se rehabilitará para destinar a Centro de Maiores.

Pola súa banda, dende a FGCN apúntase que con esta cesión para uso social “péchase o círculo: se intervén a droga antes de que chegue á rúa, se detén e xulga aos traficantes e os bens intervidos contribúen de forma áxil a ofrecer un beneficio para a sociedade, tan castigada por estes delitos. Polo menos logramos reparar, aínda que só en parte, o dano sufrido”. O colectivo conclúe afirmando que “este é o camiño a seguir si queremos ser eficaces na xestión do patrimonio destas organizacións criminais: eficacia, retorno económico cando se poidan vender os bens e, no seu caso, cesión para beneficio social”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -