_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
Última semana para solicitar as axudas á escolarización infantil e para estudos universitarios e de ciclos formativos

O Concello de Vilagarcía lembra de que o venres, 30 de setembro, é o último día para poder solicitar as axudas municipais á escolarización infantil e tamén para as bolsas de estudos universitarios e de ciclos superiores que se realizan fora do termo municipal. O trámite debe realizarse a través da sede electrónica do Concello (sede.vilagarcia.gal). As axudas para escolares de 0 a 6 anos de idade ascenden a 60 euros por alumno, mentres que para estudantes de ciclos superiores e similares son de 200 euros, e para universitarios de 400.
24.09.2022.- O Concello destina 15.000 ás Axudas Municipais á Escolarización Infantil, destinadas a alumnos matriculado nas etapas 1ª e 2ª de Educación Infantil (de 0-3 e de 3-6 anos), en centros de ensino sostidos con fondos públicos e nas Escolas Infantís autorizadas de Vilagarcía de Arousa. Poden optar a elas as unidades familiares de convivencia residentes e empadroadas no Concello de Vilagarcía de Arousa.

En canto ás Axudas municipais a estudos universitarios e de ciclos superiores de FP destinadas a vilagarciáns que cursen fora do municipio, o Concello dispón dunha partida de 60.000 euros para financiar as bolsas que, como xa se dixo, serán de 400 e de 200 euros.

Ademais de estar empadroados e residir en Vilagarcía cunha antigüidade mínima dun ano, os principais requisitos para acceder a estas bolsas son, para o caso de estudos universitarios ou de nivel similar, que os alumnos teñan cursado un mínimo de catro materias anuais ou un mínimo de 30 créditos por curso. No caso dos ciclos superiores esíxese que os estudos se realizasen na modalidade de dedicación a tempo completo.

E en ámbolos dous casos, para recibir a axuda, os solicitantes terán que xustificar ter superado, polo menos, o 50% das materias nas que estivesen matriculados no curso 2021/2022. Quedan excluídos da convocatoria os estudos realizados on-line.

Para obter máis información, os interesados poden dirixirse á concellería de Educación chamando ao teléfono 986 099 200 extensións 214 ou 342.
 
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -