_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Vilagarcía despraza a Matosinhos unha delegación socio económica para a posta en marcha do proxecto “O mar que nos une”

Tal e como se acordara na primeira toma de contacto realizada no mes de xullo, a reactivación do irmandamento entre os concellos de Vilagarcía e Matosinhos colle forza a vindeira semana cun encontro entre colectivos socio económicos e culturais de ámbalas dúas cidades da eurorrexión co obxectivo de continuar avanzando no proxecto de desenvolvemento turístico “O mar que nos une”. Para elo, unha delegación vilagarciá encabezada polo alcalde, Alberto Varela, e composta por representantes de distintos sectores produtivos locais (comercio, conserva, investigación, promoción de eventos culturais e deportivos, artesanía, servizos turísticos…) desprazarse a Matosinhos para participar o luns e o martes nas xornadas técnicas e de traballo que permitirán continuar concretando as accións conxuntas a desenvolver en materia turística.
23.09.2022.- A Cámara Municipal de Matosinhos é a que organiza a visita que se concreta nunha intensa programación tendente a que ámbalas dúas cidades coñezan os seus respectivos recursos e potenciais, a efectos de colaborar na promoción turística recíproca e de establecer accións conxuntas para levar a cabo de aquí en diante, así como para tender novas liñas de colaboración comercial e empresarial que contribúan a dinamizar as economías das dúas vilas irmandadas dende 1959.

Ámbolos dous concellos teñen un grande interese en desenvolver iniciativas orientadas ao coñecemento mutuo dos seus habitantes, optimizando o potencial de cada unha das dúas localidades, creando sinerxías e favorecendo o encontro entre os axentes sociais e económicos implicados no desenvolvemento económico local e na promoción do turismo.

O proxecto “O mar que nos une” céntrase no mar como fonte de recursos naturais e económicos para as dúas cidades irmandadas, condicionando a súa cultura e tradición. Por iso, as principais actividades a desenvolver o luns e o martes estarán centradas no mar, o turismo e a súa relación co Camiño de Santiago, a gastronomía, a colaboración empresarial, e diversas iniciativas culturais.

Tras as invitacións cursadas e confirmadas polo Concello de Vilagarcía en relación aos intereses manifestados pola Cámara de Matosinhos, finalmente na delegación vilagarciá viaxarán representantes da conserveira Profand, da axencia de turismo Tee Travel, do Centro de Investigacións Mariñás, de Zona Aberta e do Centro Comercial Arousa, dos festivais Atlantic Fest e Revenidas, do Centro de Emprendemento Craftium, da Asociación de Jónenes Empresarios (AJE), da consultora en novas tecnoloxías Dous Espazos, do restaurante Derby, dos clubs deportivos Os Ingleses e S.C. Arosa e, a artesá Ana Miguéns. Tamén de despraza medios de comunicación locais e a representación institucional estará composta, ademais de polo alcalde, pola tenente de alcalde, os concelleiros de Turismo, de Promoción Económica e de Mobilidade e Xestión de Fondos Europeos, así como por técnicos municipais.

Proxecto con financiamento europeo

“O mar que nos une” é o proxecto europeo de intercambio que conta co apoio da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal e que financia a Comisión Europea no ámbito da convocatoria do programa CERV (Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores).
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -