_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Francesco Tonucci, Teresa Táboas, Marta Román, Jeanne Picard e Raquel Navas reflexionan sobre mobilidade e infancia

Expertos en mobilidade, pedagoxía, urbanismo e seguridade viaria da talla de Francesco Tonucci, Teresa Táboas, Marta Román, Raquel Navas e Jeanne Picardo serán os encargados de analizar e reflexionar sobre a relación entre a mobilidade e a infancia na segunda xornada do “Vaiderúas!”, o I Congreso da Mobilidade do Futuro organizado polo Concello de Vilagarcía de Arousa. Aos relatorios, mesas redondas e actividades dinámicas a realizar no Auditorio súmase na tarde do mércores 21 de setembro o taller de seguridade viaria “Ao cole sen coche”, que se desenvolverá no colexio da Escardia e que impartirá Stop Accidentes.
20.09.2022.- A xornada central do congreso vilagarcián abrirase ás 9.30 da mañá coa intervención da pedagoga asesora da Dirección Xeral de Tráfico, Raquel Navas, que fará a exposición “Un cambio de mirada” en relación aos hábitos adquiridos e ás prácticas recomendables para mellorar a mobilidade e a seguridade viaria en relación aos nenos e nenas.
Ás 10 da mañá dará comezo o debate “A infancia necesita máis rúas” no que intervirá por video conferencia o pensador e psicopedagogo italiano, Francesco Tonucci, e, presencialmente Marta Román Rivas, xeógrafa e consultora, experta en dar voz a colectivos menores na toma de decisións sobre a cidade. Como moderadora actuará Teresa Táboas, arquitecta, profesora, política e ex conselleira de Vivenda e Solo.
Tras unha breve pausa para o café, ás 12 do mediodía iniciarase a exposición do proxecto dos “Camiños escolares en Vilagarcía”. A concelleira de Urbanismo, Mobilidade e xestión de Fondos Europeos, Paola María Mochales, será ea encargada de introducir a iniciativa que se está a desenvolver no noso municipio, e a continuación tomará a palabra Jeanne Picard, presidenta da Federación Iberoamericana de asociacións contra a violencia viaria e co-fundadora de Stop Accidentes España. Ela será a encargada de comentar os traballos previos realizados polo colectivo que dirixe no marco do convenio subscrito co Concello de Vilagarcía para colaborar na posta en funcionamento dos Camiños escolares seguros na cidade dada a experiencia que o colectivo xa acumula con iniciaitvas anteriores noutras cidades.
A sesión matinal remata cunha actividade no espazo dinámico que se desenvolverá entre as 12.30 e as 14.00 horas, protagonizada pola arquitecta, urbanista, activista e voceira da Revuelta Escolar de Madrid, Verónica Martinez Vázquez e que leva por título “As rúas necesitan máis infancia”. A través de diversas fotografías de situacións reais abrirase un marco de interacción e reflexión sobre o espazo público que estamos a ofrecer á infancia.
Xa pola tarde, os actos do “Vaiderúas!” trasladarase ao colexio da Escardia, onde entre as 17.30 e as 19.30 horas se desenvolverá o taller de seguridade viaria “Á escola sen coche”. A actividade estará dirixida pos monitores de Stop Accidentes e dividirase en dúas partes: a primeira realizarase no patio do colexio e a segunda nas rúas da contorna do centro educativo. Mediante a realización de exercicios prácticos cuestionarase a educación e a seguridade viaria tal como se soe abordar na actualidade, ofreceranse ferramentas alternativas e reflexionarase sobre a influenza do espazo público na seguridade viaria. O taller está aberto a toda a cidadanía, á comunidade escolar e aos corpos de seguridade

CURRÍCULOS

RAQUEL NAVAS HERNÁNDEZ: Asesora pedagóxica da Unidad de Intervención Educativa de la DGT.
Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación. Ingresou na DGT en 1986, desempeñando traballos na Unidad de Intervención Educativa e na Subdirección General de Formación y Educación Vial, como pedagoga. Traballa no desenvolvemento de cursos de formación de formadores, proxectos e programas de educación viaria para unha mobilidade segura dirixidos á infancia e a persoas con discapacidade, así como na elaboración de recursos didácticos e de apoio en materia de educación viaria dirixidos a diferentes colectivos e grupos de idade. Membro do Grupo de Infancia e Mobilidade dende a súa creación en 2012.
FRANCESCO TONUCCI: Pensador, psicopedagogo e debuxante italiano.
O mestre Francesco Tonucci é un recoñecido psicopedagogo e investigador asociado do Instituto de Ciencias e Tecnoloxías da Cognición do Consello Nacional de Investigacións de Italia. Dedicou gran parte da súa vida profesional a realizar investigacións vinculadas ao desenvolvemento do neno, analizando o seu pensamento, a súa interacción co mundo, as súas capacidades, necesidades e as súas demandas educativas.
É o creador e responsable do Proxecto internacional A Cidade das Nenas e dos Nenos que se desenvolve en Italia, España e nove países de América Latina. E é un defensor incansable da Convención ONU dos Dereitos dos Nenos.
Na honra á súa traxectoria e aos seus aportes á educación, ao desenvolvemento e á innovación, recibiu diversos recoñecementos como doutor honoris causa outorgados por diversas universidades de España e América Latina, así como o premio Unicef comité español do ano 2019.
Co pseudónimo de FRATO, Francesco Tonucci firma viñetas satíricas sobre temas de educación, cidade, xogo e infancia que invitan a cuestionar o sistema e a apostar pola transformación da nosa sociedade. Ten publicado decenas de títulos, moitos dos cales foron traducidos a varios idiomas.
MARTA ROMÁN RIVAS: Xeógrafa, membro de Gea21, experta en mobilidade e infancia.
Gran parte da súa experiencia profesional céntrase en como dar voz e espazo a colectivos que habitualmente están infra representados na toma de decisións sobre a cidade, como infancia, mocidade ou persoas maiores. Experta en integrar a perspectiva de xénero e xeración na mobilidade e o urbanismo, é autora de numerosos artigos e de varios libros de referencia relacionados coa situación da infancia no espazo urbano.

TERESA TÁBOAS.: Arquitecta, profesora e política.
Doutora Arquitecta, foi a primeira muller Decana-Presidenta do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Conselleira de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia, actualmente é Conselleira da UIA (Unión Internacional de Arquitectos).

JEANNE PICARD: Presidenta da Federación Iberoamericana de asociacións contra a violencia viaria e co-fundadora de Stop Accidentes España.
Nai de vítima, activista da sociedade civil e impulsora de políticas de cambio e demais medidas institucionais para modificar leis e abrir espazos de responsabilidade compartida para loitar contra a violencia viaria. Cumprindo a súa misión de voluntariado dedícase a axudar ás vítimas, así como á educación en valores para lograr un cambio cultural a favor dunha mobilidade segura saudable e sostible. Impulsora a nivel nacional os camiños escolares mediante o proxecto A.N.C.A.S.

VERÓNICA MARTÍNEZ VÁZQUEZ: Arquitecta, urbanista e activista. Voceira da Revuelta Escolar de Madrid.
Verónica é coruñesa, nai de dous fillos, arquitecta urbanista pola Escola Técnica Superior de A Coruña. Con diploma de estudos avanzados no programa "Periferias, sostenibilidad y habitabilidad urbana" da Politécnica de Madrid. Máster en Discapacidade, Autonomía Persoal e Atención á Dependencia pola Universidad Internacional Menéndez Pelayo e a Fundación Derecho y Discapacidad.
Dende 2004 vive e traballa en Madrid como consultora en urbanismo e mobilidade urbana sostible, especialmente dedicada á infancia e á súa relación coa cidade e o espazo público, dando apoio técnico a varias iniciativas de Camiños Escolares. Participa activamente no Foro de Mobilidade e Infancia do CENEAM, na Asociación de viandantes APIE, no foro Andando e na AFA do cole dos seus fillos que impulsa a Revuelta Escolar.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -