DEPORTE
Catro deportistas a título individual e un equipo optan ao premio ao Mellor Deportista Local de Vilagarcía A Fundación Municipal de Deportes do Concello de Vilagarcía celebrará o venres, 30 de setembro a Gala do Deporte, o evento anual no que se coñecerá o nome do Mellor Deportista Local do Ano 2021 (tempada 2021/22), galardón ao que este ano aspiran catro deportistas a ´titulo individual e un equipo. Son Os finalistas son José Fontán (fútbol), Jessica Bouzas (tenis), Pedro Muñoz (Kenpo), Ana Abuín (atletismo) e o equipo sénior de baloncesto feminino da AD Cortegada. Ademais, o xurado decidiu entregar dúas mencións especiais a título póstumo a Elena Mariño Souto e a Araceli Oubiña Cacabelos polas súas respectivas traxectorias no baloncesto tanto na súa etapa como xogadoras, como posteriormente pola súa dedicación ás categorías de base.
20.09.2022.- A deste ano será a trixésima edición da Festa Local do Deporte que culminará coa gala do venres, 30 de setembro, ás 21.30 horas no Auditorio. Será no transcurso desta celebración onde se dea a coñecer o nome do Mellor Deportista Local en base á decisión adoptada polo xurado tras avaliar os méritos acadados por cada un dos finalistas:
JOSÉ FONTÁN MONDRAGÓN. Modalidade de Fútbol. Polo seu debut na 1º división co Real Club Celta de Vigo, así como pola participación coa Selección Española de Fútbol sub 21.
JESSICA BOUZAS MANEIRO. Modalidade de Tenis. Polos seus éxitos acadados nos Torneos: ITF Word Tennis Tour W15 do Cairo, ITF no W15 de Antalaya Turquía, W15 Heratlon de Creta, así como pola súa participación coa Selección Española disputando a Billie Jean King Cup (antiga copa federación).
PEDRO MUÑÓZ FOLE. Modalidade de Kenpo. Polos seus éxitos acadados nos seguintes campionatos: - 17º Campionato do Mundo de Kenpo 2021, celebrado en Antalaya-Turquía, onde proclamouse Campión na modalidade de Kata, Kobudo, Semikenpo -75 kg e Subcampión en Kata por equipos. - Campionato de España de Kenpo 2022, celebrado en Granada, onde quedou Campión na Modalidade de Kata, Kobudo Semikenpo e Fullkenpo -80Kg. - 18º Campionato do Mundo Kenpo 2022, celebrado en Hammamet-Túnez, onde se proclamou Campión na modalidade de Semikenpo -75 kg, Katae Subampión na modalidade de Kobudo e Kata por equipos.
2º EQUIPO SENIOR FEMININO (TRIVIUM CLB) DA A.D. CORTEGADA. Modalidade de baloncesto. Polo seu éxito acadado ao quedar Campión Galego e o seu ascenso á Liga Nacional.
ANA ABUÍN PAZOS. Modalidade de atletismo. Polos seus éxitos acadados no Campionato de España de Lanzamentos Longos Máster de Inverno, Campionato de España de Veteranos que se celebrou en Sabadell, no LVI Campionato de España Máster ao aire libre celebrado en Málaga e no Campionato de España.
Tamén durante a gala se fará entrega das nove mencións especiais concedidas polo xurado. A maiores das xa comentadas de Elena Mariño e de Araceli Oubiña, os restantes recoñecementos recaen nas distintas modalidades en:
MENCIÓN ESPECIAL A PERSOA: GUSTAVO CÉSAR VELOSO, pola súa traxectoria como ciclista profesional.
MENCIÓN ESPECIAL A TÉCNICO DEPORTIVO: JOSE MARIO HERMO ALONSO, director técnico e adestrador do Club Kenpo Vilagarcía.
MENCIÓN ESPECIAL A EMPRESA: IMPEX EUROPA, polo seu apoio ao deporte local colaborando con moitas entidades no desenvolvemento das súas actividades.
MENCIÓN ESPECIAL A MEDIOS DE COMUNICACIÓN: IÑAKI ABELLA DIEGUEZ, foto xornalista da delegación de Arousa do Faro de Vigo.
MECIÓN ESPECIAL A CLUBES/ENTIDADES DEPORTIVAS: BASE DO CLUB AROSA, S.C., polos éxitos acadados na tempada 2021/22.
MENCIÓN ESPECIAL AO DEPORTE PARA TODOS: ISIDORO CANABAL DURÁN, pola súa colaboración e dedicación nas actividades e eventos no Deporte Adaptado que se desenvolven no Concello de Vilagarcía.