_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O congreso “Vaiderúas!” arranca cunha xornada dedicada á mobilidade e os espazos públicos

“Vaiderúas!”, o I Congreso Sobre a Mobilidade do Futuro organizado polo Concello de Vilagarcía arranca mañá, martes 20 de setembro, cunha intensa xornada de actividades centradas na relación entre Mobilidade e espazo público. Cun formato que combina os relatorios tradicionais neste tipo de actos con actividades máis dinámicas e a pé de rúa, o congreso contará coa participación de reputados expertos nacionais e incluso de reputación internacional, como a do psicopedagogo internacional de Fracesco Tonucci. O alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Mobilidade, Paola María, serán os encargados de inaugurar o evento mañá ás 9.30 horas no Auditorio Municipal. O “Vaiderúas!” celebrarase do 20 ao 22 de setembro. No marco dos actos da Semana Europea da Mobilidade.
19.09.2022.- O programa desta primeira xornada do congreso comeza coa conversa sobre Sustentabilidade, igualdade e calidade de vida que entre as 10 e as 11.30 horas manterán a arquitecta técnica experta en urbanismo e xénero, Branca Valdivia, e José Luis Cañavete, consultor experto en mobilidade sostible e espazo público. A xornalista vilagarciá Erea Hierro será a encargada de dirixir o parladoiro.

A concelleira de Urbanismo, Mobilidade e Xestión de Fondos Europeos, Paola María Mochales, exporá o relatorio “Vilagarcía para as persoas” , no que presentará a visión da cidade que quere ser Vilagarcía e amosará o modelo global de hábitat para o que se está traballando, reparando para elo no traballo realizado dende o Concelo e as actuacións desenvoltas en materia de mobilidade sostible, así como os proxectos de futuro. Ao remate da exposición abrirase unha quenda de interlocución co público asistente.

O programa da mañá rematará coa intervención de Ana Montalbán, secretaria técnica da Rede de Cidades que Camiñan, que na actividade dinámica “As rúas que queremos” creará un espazo de reflexión e interacción a través da presentación de situacións concretas captadas en fotografías sobre o espazo público que habitamos e sobre o que nos gustaría habitar. Este acto comeza ás 12.30 horas.

A primeira xornada do congreso “Vaiderúas!” rematará co Paseo de Jean (na honra da Jane Jacobs, referente mundial na definición das cidades do futuro), unha actividade de rúa prevista para as cinco e media da tarde e que consistirá nun percorrido guiado polo arquitecto municipal, Juan José Rodríguez Cuíña, no que se falará sobre a transformación do espazo público para mellorar a mobilidade sostible e a calidade de vida. O paseo amosará espazos xa modificados con ese obxectivo e outros sobre os que se traballará no futuro, evidenciando así o contraste entre ámbalas dúas realidades.O itinerario discorrerá pola Praza da Constitución, rúa Alcalde Rey Daviña, Praza de Galicia, Praza da Independencia, rúas Castelao, Vista Alegre e Camilo José Cela.

A asistencia ás actividades do I Congreso sobe a Mobilidade do Futuro é gratuíta, aínda que requírese cubrir o formulario de inscrición que se pode obter a través do banner que aparece na web municipal http://www.vilagarcia.gal , onde tamén se atopa o programa completo do “Vaiderúas!”.

CURRICULOS

JOSÉ LUIS CAÑAVATE: Urbanista. Experto en espazos públicos e mobilidade sostible.
Formado en Urbanismo nos anos setenta nos Países Baixos, foi o presidente fundador do movemento Car Free Cities. Desenvolveu a súa actividade profesional en Europa, América e África en máis de 100 proxectos, especialista en comunicación estratéxica e negociación. Actualmente é asesor do Banco Mundial en intervencións de Centros Históricos e Mobilidade Sostenible. Como curiosidade, está realizando a súa tese doutoral sobre Indicadores de predición do delito en espazos públicos urbanos.

BLANCA VALDIVIA: Arquitecta experta en urbanismo e xénero.
Socióloga urbana e Doutora en Xestión e Valoración Urbana e Arquitectónica coa tese “La ciudad cuidadora. Calidad de vida urbana desde una perspectiva feminista”. Dende 2008 ata 2015 traballou como investigadora no Centro de Política de Suelo y Valoraciones da UPC, desenvolvendo proxectos sobre inmigración, espazo público e vivenda e sobre políticas de vivenda.
Os seus principais temas de traballo están vinculados con como aterrizan os cuidados, a saúde e o ecofeminismo no territorio e na planificación urbana dende unha perspectiva feminista.
Forma parte do Col•lectiu Punt 6, cooperativa de arquitectas, sociólogas e urbanistas feministas de procedencias diversas, con máis de 16 anos de experiencia local, estatal e internacional. O obxectivo co colectivo é repensar os espazos domésticos, comunitarios e públicos para que promovan a diversidade social sen discriminacións nin xerarquías. Nestes anos ten realizado máis de 400 proxectos con diferentes administracións públicas en Cataluña, España e América Latina, así como con organizacións veciñais e feministas en máis de 130 territorios.

ANA MONTALBÁN: Arquitecta, máster en Urbanismo. Coordinadora da Red de Ciudades que Caminan.
Dedicada profesionalmente á arquitectura e ao deseño urbano. Intenta aportar unha perspectiva que recupere os conceptos do bo urbanismo, entendido como a arte de facer mellores cidades para vivir xuntos. Dende 2018 é coordinadora técnica da Red de Ciudades que Caminan, entidade sen ánimo de lucro composta por máis de sesenta municipios (entre eles o de Vilagarcía) e outras administracións públicas decididas a traballar para facer que as persoas sexan os máximos protagonistas do espazo público.



4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -