_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O Ballet de Kiev ofrece en Vilagarcía unha función en beneficio das familias afectadas pola guerra en Ucraína

O Ballet de Kiev recalará no Auditorio Municipal de Vilagarcía o venres 16 de decembro ás 21:00 horas para representar un clásico navideño “O Cascanoces”, con música de Tchaikovshy, libreto de Hoffmann e coreografía de Petipa. Ao xa atractivo desta grandiosa obra súmase neste caso a vertente solidaria, xa que a función servirá para recadar fondos para apoiar o traballo que UNICEF está a desenvolver en Ucraína para salvar e protexer á infancia e ás familias afectadas pola guerra, tanto no propio país, como nos estados limítrofes onde moitas outras se teñen refuxiado. As entradas pódense adquirir a partir do 16 de setembro a través de ataquilla.com ao prezo único de 21 euros (máis custes de xestión). Por cada billete vendido, destinaranse 1,5 euros á ONG.
17.09.2022.- A través desta iniciativa solidaria, Goldberg, a empresa organizadora da xira por España do Ballet de Kiev, decidiu apoiar o traballo que está a realizar UNICEF dado que a situación dos 7,5 millóns de nenos e nenas ucraínos é cada día máis desesperada, especialmente no leste e no sur do país. Segundo informa a información facilitada pola propia promotora, 15,7 millóns de menores e as súas familias dentro de Ucraína necesitan a axuda humanitaria que UNICEF está proporcionando dende o primeiro momento con reparto de auga, artigos sanitarios e de hixiene; medicinas, vacinas, kits cirúrxicos e de obstetricia, roupa infantil de inverno, suplementos nutricionais, materiais educativos, kits de ocio, axudas en efectivo, apoio psicolóxico, acceso á educación e mesmo con información sobre os riscos das minas e os artefactos explosivos. Ademais, estableceron Puntos Azuis en diferentes zonas de tránsito e chegada de refuxiados para poder ofrecerlles información práctica e un lugar seguro no que identificar aos menores que viaxan sen acompañantes adultos.

A compañía e a súa directora artística: Sophia Scheller

O Ballet de Kiev mantén entre os seus obxectivos principais o coidado das tradicións e esencia do ballet clásico máis puro, sendo cada representación unha festa para os sentidos pola sobriedade das coreografías, a perfección de todas e cada unha das súas liñas, o virtuosismo dos seus solistas e a vistosidade e grandeza dos seus decorados e vestiario, todos eles deseñados en exclusiva polos mellores mestres dos talleres de Kiev.

Dende a súa creación en 2017, o Ballet de Kiev ten realizado máis de 500 actuacións nos teatros máis importantes a nivel mundial, en xiras que o levou a percorrer Suíza, Alemaña, Francia, Polonia, Croacia, China, Ucraína e México, entre outros países.

Ana Sophia Scheller, directora artística do Ballet de Kiev, é una das bailarinas máis recoñecidas do panorama mundial e uniuse ao Teatro da Ópera de Kiev en 2019. Dende entón, as súas aparicións en escena, así como a súa iniciativa artística, deixaron unha fonda pegada. Nada en 1986 en Bos Aires (Arxentina), trátase sen dúbida, dunha das bailarinas máis brillantes do mundo, tendo sido solista do New York City Ballet, San Francisco Ballet ou do Teatro da Ópera de Kiev, entre outros.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -