_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
Vilagarcía estrea o miradoiro da cruz de Xiabre, con vistas dende Cíes a toda a Ría de Arousa e á desembocadura do Ulla

O miradoiro da cruz de Xiabre promovido pola Concellería de Turismo do Concello xa está rematado e listo para ser visitado por todas aquelas persoas que desexen gozar das privilexiadas vistas que ofrece o enclave e que, ademais dunha excelente e completa panorámica da Ría de Arousa e a desembocadura e meandros do Ulla, permite contemplar ata as illas de Ons e Cíes e parte do val do Salnés. O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o edil de Turismo, Álvaro Carou, visitaron esta mañá a plataforma instalada como un atractivo turístico máis que se incorpora ás rutas de sendeirismo que discorren polo monte Xiabre e ás rutas de turismo mariñeiro de Vilaxoán e Carril.
16.09.2022.- O miradoiro creouse mediante a instalación dunha plataforma horizontal circular de 57 metros cadrados elevada sobre as rochas, que ten como centro a propia cruz de ferro. A instalación levouse a cabo baixo a premisa de causar o mínimo impacto no medio e para que o miradoiro se integrase perfectamente na contorna natural na que se empraza. Por iso, prescindiuse dos traballos de cimentación ao uso, recorrendo a fixar a plataforma ao chan mediante ancoraxes ás rochas. O miradoiro é de aceiro galvanizado, ao igual que as varandas protectoras que bordean todo o seu perímetro.

A forma circular da plataforma permite gozar de panorámicas sobre Vilagarcía, a Ría de Arousa na súa totalidade, Cortegada e a desembocadura do Ulla nunha visión de 360 graos. Para un mellor goce das vistas instaláronse dous bancos, un orientado á Ría e outro cara o Ulla. A actuación complétase coa colocación dun panel informativo sobre o miradoiro e os lugares que se poden admirar dende el.

Previamente á instalación da plataforma foi preciso realizar labores de roce do terreo nunha superficie de 6.000 metros cadrados para permitir colocar o miradoiro e acondicionar a zona de acceso.

Un lugar privilexiado para vivir e do que gozar

O alcalde referiuse ás “impresionantes e fermosísimas” vistas que ofrece este “balcón sobre a ría” e reflexionou sobre “o afortunados que somos os vilagarciáns por vivir neste lugar tan marabilloso, que temos que valorar moito máis aínda do que o facemos, porque enclaves como o deste miradoiro, poucos lugares do mundo os teñen e, sen embargo, seguro que aínda hai moitos veciños que o descoñecen”.

Varela Paz animou a vilagarciáns, veciños da contorna e turistas en xeral a desfrutar da experiencia de achegarse camiñando ou en bicicleta ata o novo miradoiro, a gozar de todos os atractivos que ofrece Xiabre, tanto na zona forestal como a máis baixa na que se asentan núcleos rurais, a relaxarse en contacto coa natureza e coas panorámicas inigualables que se ven dende o miradoiro.
Ademais, o rexedor felicitou ao edil de Turismo por promover a creación deste novo e atractivo recurso turístico.

Pola súa banda, Álvaro Carou, explicou que o miradoiro entra nas accións que está a levar a cabo a súa Concellería para poñer en valor a paisaxe como elemento estratéxico e de gran potencial para a atracción do turismo. Ademais de ofrecer unhas vistas privilexiadas da desembocadura do Ulla, de Cortegada, da Ría de Arousa e da serra do Barbanza, a través da paisaxe o miradoiro conectará coa cultura mariñeira e cos recursos marisqueiros da Ría, co Parque Nacional das Illas Atlánticas, coa tradición Marítimo-Fluvial Xacobea “orixe de todos os camiños”, co patrimonio arqueolóxico que representan os petróglifos de Xiabre, así como coas rutas de sendeirismo e os valores naturais da zona.

O edil tamén lembrou que a actuación tivo un custe de 48.031 euros que se financiou integramente coa subvención concedida polo Grupo de Acción Costeira Local (GALP).
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -