_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello xa pode dispoñer da nave portuaria para destinar ao ensino de deportes náuticos

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores, asinaron esta mañá o convenio mediante o cal o Concello disporá durante 10 anos dunha nave portuaria para destinar a centro de ensino de deportes náuticos e a albergar a sede do Club Piragüismo Vilagarcía. A cambio desta cesión de uso da edificación de 1.500 metros cadrados, o Concello abonará ao Porto un canon anual de 1.500 euros, ao terse bonificado a taxa de ocupación un 50%. Este convenio é unha mostra máis da liña de colaboración aberta entre ambas administracións dende que Cores Tourís asumiu a presidencia da rada e as demandas realizadas durante anos polo Concello en relación á recuperación de espazos portuarios para o uso público comezaron a ser atendidas.
14.09.2022.- A nave en cuestión sitúase na zona portuaria situada entre a desembocadura do Con e o Centro de Tecnificación de Vela. Dos 1.500 metros cadrados de superficie cos que conta, 187 destinaranse á Fundación Municipal de Deportes, que será quen xestione as instalacións, e o resto destinaranse ao ensino de diferentes deportes náuticos. O rexedor advertiu neste punto que, “como non podía ser doutro xeito, o Club de Piragüismo Vilagarcía terá un espazo preferente, xa que eles foron realmente os promotores desta iniciativa cando recorreron ao Concello a solicitar colaboración para poder contar cunha sede en condicións nas que poder continuar realizando a súa actividade”, xa que as instalacións nas que se atopan actualmente no peirao de pasaxeiros están nun estado moi precario, non reúnen as condicións nin responden ás necesidades do club.

O propio Cores Tourís explicou que o Porto está estudando o futuro destas instalacións, dando por seguro que unha das edificacións, a que se atopa en peor estado, terá que demolerse, e a segunda, a situada no outro brazo da T que forma o peirao de pasaxeiros, podería correr tamén este destino co obxecto de liberar de obstáculos a visión do mar nese privilexiado espazo que tamén se destinará ao esparexemento e goce da cidadanía e que, segundo comentou o presidente da Autoridade Portuaria, completará os acordos de reordenación a levar a cabo por Concello e Porto na zona do Ramal.

En canto á nave de deportes náuticos, Varela Paz explicou que o Concello xa ten redactado o proxecto de acondicionamento e reforma da edificación para adaptalo ao novo uso que se lle vai dar, polo que a intención do goberno local é sacar as obras a licitación coa maior brevidade posible. A actuación está presupostada en 100.000 euros que o Concello financiará con fondos propios e para o que xa dispón de partida orzamentaria.

Varela recoñeceu unha vez máis o talante colaborador de Cores Tourís e dirixiuse moi especialmente aos responsables e deportistas do Club de Piragüismo para agradecerlles “a paciencia que tiveron e que esperamos compensar moi pronto coa estrea das instalacións”.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -