_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TRÁFICO
A construción da glorieta entre a avenida de Cambados e rúa Fontecarmoa inclúe a mellora das beirarrúas e da contorna

A concelleira de Mobilidade, Paola María, e o edil de Tráfico, José María González, presentaron este mediodía o proxecto da glorieta que se construirá na encrucillada das avenidas de Cambados e Doutor Tourón coas rúas Vista Alegre e Fontecarmoa coa finalidade de aportar maior fluidez e axilidade ao tráfico rodado e para mellorar a seguridade viaria na que é unha das arterias principais de circulación da cidade. O proxecto, que acaba de sacarse a licitación cun investimento de 190.213 euros, inclúe ademais a mellora das beirarrúas comprendidas entre o acceso ao barrio do Piñeiriño e o cruce coa rúa Xunqueira, a colocación de bancos, a plantación dalgunhas árbores e o acondicionamento dunha praciña no espazo existente entre a avenida de Cambados e a travesía de Pablo Picasso.
13.09.2022.- Paola María lembrou os antecedentes desta obra, planteada ao tempo que a peonalización do tramo da rúa camilo José Cela. Esta humanización fixo preciso reordenar o tráfico no interior no barrio do Piñeiriño, facendo que a circulación derivase en maior medida pola rúa Fontecarmoa cara a avenida de Cambados, unha travesía que xa de por si contaba cunha importante intensidade de tráfico por ser un dos eixos principais que atravesan a cidade.
En previsión disto, xa por entón realizouse unha medición do aforos nas vías afectadas e da contorna para establecer o comportamento do tráfico. Os datos extraídos destes estudos permitiron determinar a mellor opción entre todas as posibles para aportar fluidez ao tráfico na avenida de Cambados e Doutor Tourón.

A mellor das opcións segundo os técnicos redactores do proxecto, a consultora Iceacsa, e tamén segundo a avaliación da Policía Local, é a proposta que se vén de sacar a licitación.

O proxecto consiste na construción dunha glorieta para regular o tráfico no punto no que conflúen as catro rúas: avenida de Cambados, avenida Doctor Tourón, rúa Vista Alegre e Rúa Fontecarmoa. Debido ao espazo dispoñible, habilitarase unha glorieta rebasable, isto é, en forma de rampla elevada un pouco sobre o nivel da calzada, a efectos de garantir a manobrabilidade dos vehículos de maiores dimensións, como poden ser os autobuses de maior capacidade.
A glorieta será a que regule de forma fluída a circulación de vehículos, polo que se eliminarán os tres grupos semafóricos existentes entre o remate de Doutor Tourón e a intersección co barrio do Piñeiriño. Isto tamén proporcionará axilidade ao tráfico rodado, que non se verá condicionado polas paradas dos semáforos en vermello.

En consecuencia, para garantir o paso seguro das persoas que desexen cruzar a rúa, desprazaranse uns metros os pasos de peóns existentes entre o Piñeiriño e a glorieta, que serán elevados como medida de seguridade e calmado do tráfico. E tamén se habilitará un novo paso de peóns elevado nas inmediacións do cruce coa rúa Xunqueira, actuación que enlazará cos traballos que se están a levar a cabo nesa vía coa construción do primeiro dos Camiños Escolares Seguros.

O proxecto prevé tamén a mellora e acondicionamento das beirarrúas situadas entre o Piñeiriño e o cruce coa Rúa Xunqueira, de xeito que se ensancharán e se construirán en formigón continuo para garantir a perfecta accesibilidade. A actuación complementarase coa colocación de bancos e da plantación dalgunhas árbores. Así mesmo, acondicionarase o espazo existente actualmente entre o cruce da avenida de Cambados co Vista Alegre e a travesía de Pablo Picaso, unha zona que actualmente representa certos riscos ao compartir uso peóns e vehículos. O espazo acondicionarase para garantir a seguridade dos peóns á vez que poderán continuar estacionando vehículos na parte interior que linda coa finca do Montiño.

O edil de Tráfico explicou que para facilitar o ensanche de beirarrúas e mellorar a seguridade viaria seguirase un método xa posto en marcha noutras zonas da cidade como sistema de calmado de tráfico: a redución do ancho dos carrís de circulación que, aínda gardando as medidas necesarias para garantir a circulación segura dos vehículos, logra un efecto visual que faio que os condutores minoren a velocidade.

Tamén como medida de seguridade viaria, ao eliminar a regulación semafórica, quedarán prohibidos os perigosos xiros á esquerda dos coches atravesando o carril contrario. Esta circunstancia non suporá impedimento nin inconveniente algún xa que os vehículos só terán que avanzar uns metros ata a rotonda de Pablo Picasso ou á nova glorieta para bordealas, incorporarse ao carril oposto e, entón si, xirar á dereita cara a rúa á que desexan acceder.

O xiro á esquerda que actualmente se permite para acceder á zona do centro comercial dende Doutor Tourón pola rúa Manuel Antonio tamén quedará prohibido. Deste xeito non haberá vehículos parados obstaculizado a circulación cara o centro da vila e o tráfico será máis fluído.

A alternativa segura para suplir esta situación será cambiar o sentido da circulación nas rúas que compoñen a mazá polo que a entrada cara a zona da Xunqueira fase pola rúa Vista Alegre, e a saída cara Doutor Tourón por Manuel Antonio. Os vehículos que dende esta ultima pretendan dirixirse cara o centro da cidade deberán subir á glorieta e xirar ou, antes de entrar en Manuel Antonio, seguir por López Cuevillas e García Lorca, para saír en Doutor Tourón á altura da ponte sobre o Con, como se fai actualmente.

Segundo os estudos de aforos realizados previamente, a posta en marcha do conxunto das medidas sinaladas permitirá acurtar os tempos de desprazamentos nun 41% respecto á medida actual, co que quedaría cumprido o obxectivo de axilizar o tráfico e aportar fluidez á circulación.

Licitación

As empresas interesadas en executar esta obra dispoñen de prazo ata o día 3 de outubro para presentar as súas ofertas a través da plataforma pública de contratación. Unha vez avaliadas as propostas, adxudicado e asinado o contrato, os traballos deberán executarse nun prazo de tres meses.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -