_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O alcalde solicita unha reunión urxente co conselleiro de Educación para poñer fin ao caótico inicio do curso escolar en Vilagarcía

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, vén de solicitar unha reunión urxente co conselleiro de Educación, Román Rodríguez, co obxectivo de poñer fin ao caótico inicio do curso escolar que se está a vivir en Vilagarcía en relación aos cambios realizados pola Consellería e ás carencias do transporte escolar que están deixando sen servizo a moitos estudantes. A maiores, o concelleiro de Educación, Miro Serén, mantivo esta mañá unha conversa telefónica co delegado provincial de Educación e co xefe de Transportes para pedir explicacións e solucións ao acontecido onte co bus ao Cotarelo.
13.09.2022.- Como se sabe, a Xunta decidiu implantar este ano en Vilagarcía o modelo de Centro Integrado de Formación Profesional no IES Bouza Brey que, de acordo a este novo sistema, se dedica en exclusiva ás ensinanzas profesionais e deixa de impartir os cursos da ESO e do Bacharelato. Como consecuencia, o alumnado destas ensinanzas foi asignado ao centro de referencia da zona, que é o IES Cotarelo.

O problema de onte debeuse ao fallo do transporte escolar que debería trasladar a estes estudantes de regreso ao Piñeiriño á saída do Cotarelo, posto que a Xunta enviou un microbús cun número de prazas insuficiente para acoller a todos os alumnos, quedando en terra parte deles que, ao carecer de información sobre si ía ou non a haber outro servizo, tiveron que desprazarse camiñando ata os seus domicilios.

A explicación que os responsables autonómicos deron esta mañá ao concelleiro de Vilagarcía é que todo se debeu a un fallo organizativo e de información para o que xa se estaban facendo as xestións oportunas coa empresa de trasporte a efecto de que non volvese a acontecer. Ao parecer, ao ver que o microbús era insuficiente, mandouse outro posteriormente, algo do que non se informou aos rapaces que non puideron subir no primeiro por ir completo e que decidiron volver á casa cubrindo a unha distancia de case dous quilómetros que separan ambas zonas.

Varela confía en que o conselleiro o reciba canto antes para poñer fin ao caos organizativo e falta de información sobre horarios e servizos de transporte que están padecendo os estudantes de Vilagarcía.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -