_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
“Os Martes, Arte” dedican o novo curso a analizar a evolución dos canons de beleza dende o neolítico á actualidade

Entre a peza escultórica da Venus de Willendorf -datada no neolítico e que equipara o súmmum da beleza coa fertilidade representada nunha figura feminina en avanzado estado de xestación-, ata a imaxe actual do actor George Clooney -icona da beleza masculina nos nosos días-, os conceptos do ideal da fermosura foron múltiples, variados e incluso opostos ao longo da historia. A análise da evolución dos canons de beleza ao longo do tempo é a temática a estudo no novo curso do programa “Os Martes, Arte”, que se abre o 20 de setembro.
12.09.2022.- Os encontros sobre creación artística “Os Martes, Arte” inician a vindeira semana un novo curso. Será a partir do martes 20 de setembro cando o Auditorio volva a acoller a actividade que dirixe o profesor Augusto Guedes. As sesións están abertas a toda a poboación, sen límite de idade e sen necesidade de contar con coñecementos previos no mundo da arte. A asistencia é de carácter gratuíto e non é precisa de inscrición previa. Basta con achegarse ao Auditorio cada martes ás 19.30 horas.
Entre os extremos antes comentados da Venus de Willendorf e de George Clooney, os participantes á actividade irán comprobando como mudaron os canons de beleza nas diferentes épocas da historia e como os estilos artísticos ían mudando en función diso. A análise farase a través de exemplos como os da escultura e arquitectura da Grecia clásica, o do Ducco Maestá, o retablo do arte bizantino da catedral de Siena do, ou do rosetón gótico da catedral de Chartres, entre outros.

A Concellería de Cultura colabora na organización de “Os Martes, Arte”, o programa que pretende achegar o arte á cidadanía dun xeito didáctico, divertido e accesible a calquera, teña ou non coñecementos sobre a materia. A actividade estará dirixida polo profesor Guedes de xeito interactivo e dinámico.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -