_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Semana Europea da Mobilidade porá aos vilagarciáns a camiñar e andar en bici do 16 ao 23 de setembro

O Concello de Vilagarcía celebra do 16 ao 23 de setembro a Semana Europea da Mobilidade cun completo e intenso programa de actividades presentado esta mañá polo alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Mobilidade, Paola María. En consonancia co lema "Combina e móvete!", elixido este ano para o evento de ámbito europeo, a Concellería organiza unha serie de actividades destinadas á animar a poboación a desprazarse pola cidade a pé, en bicicleta ou en transporte colectivo para continuar avanzando cara o modelo de mobilidade sostible e respectuosa co medio ambiente. Paseos grupais en bici, ensaio dos Camiños Escolares Seguros, e o I Congreso da Mobilidade "Vaiderúas!" son só algunhas das actividades a desenvolver durante estes 8 días.
10.09.2022.- O alcalde explicou que este programa concentra nunha semana o espírito do traballo que o Concello leva realizando dende hai anos e de forma continuada para implantar ese modelo de mobilidade sostible. "Esta semana é algo simbólico que ten como obxectivo dar a ver o que se fixo e o que se ten avanzado, e tamén para continuar concienciando á poboación de que temos que seguir apostando por este modelo de cidades que se nos plantea dende a UE, porque é o único camiño posible para afrontar situacións como o cambio climático ou a crise enerxética e para non continuar prexudicando ao planeta".

Varela apuntou que "Vilagarcía é unha cidade pioneira" posto que xa que hai varias décadas que os distintos gobernos municipais apostaron polas peonalizacións e humanizacións de rúas, traballo intensificado nos últimos anos polo seu executivo e complementado con outras acciones como a promoción do transporte público colectivo, os medios de transporte non contaminantes, como os vehículos eléctricos ou os que, ademais de respectar o medio ambiente, tamén son saudables, como camiñar ou desprazarse en bicicleta.

O rexedor referiuse ao comentado o xoves no Obradoiro Ágora da Deputación, onde técnicos e responsables políticos da provincia puxeron a Vilagarcía como exemplo das cidades que se están transformando baixo estes criterios e para lograr devolver aos cidadáns os espazos públicos que dende mediados do século pasado os coches lles roubaron ás persoas. "Temos feito moito, pero tamén sabemos que aínda queda moito por facer. Ese é o reto que temos que afrontar no día a día, pero tamén para o cal se organiza esta Semana Europea da Mobilidade: para continuar informando, sensibilizando e animando á xente a participar na implantación deste modelo".

A SUPERFICIE DE 40 CAMPOS DE FÚTBOL PARA ESTACIONAMENTOS

A concelleira de Mobilidade reforzou esta idea con datos moi ilustrativos, lembrando que Vilagarcía pasou de ter apenas 6.000 vehículos en 1980 aos 26.000 do ano 2000. "Tendo en conta que por termo medio para aparcar un vehículo fan falta 10 metros cadrados, para aparcar os 26.000 necesitariamos 40 campos de fútbol. E iso é inviable, porque Vilagarcía ten hoxe a mesma extensión que tiña nos anos 80".

CAMBIAR A FORMA DE UTILIZAR O VEHÍCULO PRIVADO

O alcalde apuntou que "non se trata de dicir que o vehículo privado non sexa necesario, senón de que temos que cambiar os hábitos do seu uso nos centros das cidades". Paola María engadiu que gran parte dos desprazamentos que se fan en Vilagarcía a diario en coche (o 63% do to total) son para percorrer entre o 0,5 e os 5 quilómetros, "distancias curtas que perfectamente se poderían realizar a pé ou en bicicleta. Para ilustrar con exemplos isto e para facerlle ver á xente o doado e beneficioso que é optar por estes medios alternativos, é para o que organizamos os actos da Semana da Mobilidade".

PROGRAMA

O programa comeza o venres 16 cunha actividade previa ao ensaio xeral do programa Vaischool!" que complementa os Camiños Escolares Seguros nos que está a traballar o Concello. En colaboración con Stop Accidentes, grupos de escolares de distintos colexios repartirán os adhesivos identificadores nos comercios e establecementos amigos do Vaischool!" que conformarán a rede municipal de camiños escolares. O ensaio xeral desta iniciativa desenvolverase todos os días da semana, do luns 19 ao venres 23, con grupos de nenos indo a pé ao colexio, neste caso acompañados por Anxo Moure a súa bici-biblioteca.

O mesmo venres 16 os parterres e zonas verdes do Parque Miguel Hernández acollerán unha xornada de xogos tradicionais participativos dirixidos por Culturactiva na que nenos e nenas poderán aprender a divertirse como o facían os seus país e avós, de forma activa e con outros rapaces xogando á corda, á peonza, á goma, á pelota, ao brilé, ao peletre, ao pilla-pilla, ao pano... E todo nas zonas de céspede, espazos que segundo explicou a concelleira, "deben dedicarse ao esparexemento, especialmente dos máis cativos, non a un simple ornamento".

O sábado 17 haberá un paseo nocturno en bicicleta con Arousa en Bici e o luns 19, na zona peonil de García de Caamaño, un obradoiro de iniciación á bicicleta para persoas maiores organizado pola Escola da Bici e a Rede de Cidades que Camiñan. Nesta actividade, persoas que non saben ou non teñen demasiada destreza en andar en bicicleta poderán aprender a facelo co apoio do monitores especializados. As bicis, cascos, chalecos e demais equipamento, ponos o Concello.

O martes 20, mércores 21 e xoves 23 desenvolverase o "Vaiderúas", o I Congreso sobre a Mobilidade do Futuro, onde especialistas, técnicos e representantes de diferentes colectivos exporán estudos, experiencias e reflexionarán sobre aspectos como a recuperación de espazos públicos para as persoas, mobilidade e saúde, mobilidade e infancia, ou a bicicleta como medio de desprazamento ecolóxico e saudable. Os relatorios desenvolveranse no Auditorio Municipal en sesións de mañá e tarde e están abertos ao público. Ademais, haberá actividades complementarias como un paseo guiado polas rúas da cidade, un obradoiro de seguridade viaria e outro de circulación en bici.

O mércores 21 haberá unha "bicicletada" musical. DJ Reimy, pedaleando na súa bici-discoteca, será o encargado de abrir unha marcha que discorrerá polas ciclovías da cidade e á que poderá sumarse todo aquel que o desexe.
E a Semana da Mobilidade clausurarase o venres, 23 coa Mesa da Mobilidade no Auditorio e cunha Festa da Bicicleta organizada por La Voz de Galicia na que participarán escolares dos colexios e institutos do municipio. De cada centro partirá un grupo en bicicleta para reunirse todos na Praza da II República onde o acto rematará cunha gran festa na que se sortearán accesorios para os ciclos e outros agasallos.

Ademais, na Praza de Galicia instalaranse durante toda a semana uns mupis coas principais conclusións do diagnóstico realizado para a elaboración do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) e que arroxa datos tan significativos e ilustrativos como os sinalados anteriormente sobre o incremento exponencial do parque móbil de Vilagarcía e o elevado número de percorridos de distancias curtas que se realizan na cidade en coche (o 63% do total), así como que o 73% dos vilagarciáns teñen vehículo, cifras que argumentan claramente a necesidade que temos de continuar avanzando cara un modelo de mobilidade sostible e de cidade para as persoas.

Por último Paola María Mochales animou a todos os vilagarciáns a participar nos actos programados durante a Semana da Mobilidade como un xeito de divertirse e de "facer cidade".

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -