_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O goberno de Vilagarcía apoia as reivindicacións do persoal en folga do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e a tenente de alcalde e concelleira da Área de Benestar, Tania García, recibiron esta mañá no Concello aos representantes do colectivo de traballadores do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar que se atopan en folga. Tras escoitar as explicacións dos sindicalistas da CNT, os responsables municipais solidarizáronse co persoal do Consorcio e manifestaron o seu absoluto apoio ás súas reivindicacións, centradas principalmente nos criterios establecidos pola Xunta de Galicia para o proceso de estabilización de emprego que están a desenvolver as distintas administracións públicas co obxectivo de dar cumprimento ao establecido polo Goberno do Estado.
09.09.2022.- Como se sabe, partindo dunhas premisas e obxectivos comúns, a Administración Central conferiu liberdade ao resto de administracións en canto aos criterios a aplicar para cumprir co proceso excepcional de estabilización para poñer fin á situación xeneralizada de temporalidade prolongada na que se atopa moito persoal laboral das entidades públicas.

Neste marco, os socialistas de Vilagarcía comparten cos traballadores do Consorcio que o método elixido pola Xunta para este organismo demostra un “trato desigual e inxusto” con respecto ao que teñen aplicado a outros entres autonómicos “e non respecta o espírito do acordo do Estado e o pactado cos sindicatos a nivel nacional, para garantir procesos que faciliten a estabilización e consolidación de emprego de calidade”.

A maiores deste obxectivo principal, os representantes sindicais tamén expuxeron ao goberno local a súa denuncia do requisitos “abusivos” aprobados pola Xunta para os servizos mínimos durante a folga, explicando que mantiveron os criterios establecidos cos protocolos COVID, que xa non están operativos e que requirían de moito máis persoal para garantir as condicións de sanitarias de seguridade. O Consorcio de Igualdade e Benestar xestiona as escolas infantís da Galiña Azul e tamén de residencias e centros de día para persoas maiores.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -