_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
POLICÍA LOCAL
A colaboración cidadá axuda a interceptar a un condutor sen carné que facía a diario a mesma ruta por dirección prohibida

A Policía Local de Vilagarcía interceptou onte a mediodía a un mozo que a diario circulaba en dirección prohibida e “a gran velocidade”, segundo os veciños. A localización de A.F.S., de 25 anos de idade, foi posible grazas á colaboración cidadá, xa que foi a raíz dunha denuncia veciñal cando se tivo coñecemento de que esta persoa facía a diario a mesma ruta á mesma hora e infrinxindo a regulación de tráfico na Rúa Ibérica, de Carril, ao circular pola vía de único sentido en dirección prohibida e con exceso de velocidade, o que xeraba graves riscos tanto para o resto dos condutores como para os peóns.
08.09.2022.- Os veciños da zona tamén proporcionaron á Policía a matrícula do coche, podéndose comprobar que o titular do mesmo tiña suspendido o carné de conducir e de que o vehículo tiña caducada a ITV dende facía case un ano.

Dada a pauta sinalada polos veciños, unha patrulla da Policía fíxolle a espera onte no lugar e á hora habitual de paso, logrando darlle o alto cando, alertado pola presenza dos axentes, tratou de evitar introducirse pola rúa de dirección prohibida. Os gardas comprobaron que a persoa que conducía era efectivamente o titular do vehículo e que, polo tanto, estaba inhabilitado para pilotar coches ao ter suspendido permiso.

No momento no que foi interceptado, varios veciños da rúa saíron aos balcóns confirmando aos axentes que ese vehículo cometía a diario a mesma infracción. Ao parecer, segundo explicaron os axentes, o condutor facía a ruta cada día á mesma hora ao regresar do seu lugar de traballo, en Rubiáns, para dirixirse a súa casa en Carril. Supostamente, ao estar inhabilitado para conducir e para evitar ser detectado pola Policía, tomaba a rede viaria secundaria atravesando Trabanca Badiña, A Torre e Trabanca Sardiñeira para chegar ao seu destino, tendo para elo que incorrer na infracción de circular por dirección prohibida na devandita Rúa Ibérica.

A.F.S. foi denunciado como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria, a maiores da denuncia por non ter pasado a ITV.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -