_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
O EncestaRías despega o venres coa participación do Obradoiro, o UCAM Murcia, O Coosur Betis e o Oldenburg

Vilagarcía volve a converterse esta fin de semana na capital do baloncesto nacional coa celebración da sétima edición do Torneo EncestaRías que se celebra os días 9 e 10 de setembro no pavillón municipal de Fontecarmoa. O evento, que xa é toda unha referencia tanto para os clubs da Liga Endesa ACB como para moitos outros a nivel europeo, contará coa participación dos equipos da liga nacional Coosur Betis, UCAM Murcia e Monbus Obradoiro e o club alemán EWE Baskets Oldenburg que, igual que o cadro murciano, competirá en Europa a vindeira tempada. Co regreso á antiga normalidade tras a pandemia volve tamén o tradicional concurso de triplas e os concertos do Pick & Rock. E o padriño deste ano é, o doutor Jacinto López, un profesional cunha longa traxectoria colaborando e tratando aos deportistas da cidade.
06.09.2022.- A sétima edición do EncestaRías presentouse este mediodía no salón de plenos do Concello coa presenza dos organizadores do evento, Iván Villar e Diego Doval, e a presidencia do alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela. Tamén participaron no acto o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, o deputado provincial, Manuel González, e o representante da patrocinadora Mourente Motor, Gustavo Andújar.
Alberto Varela puxo de relevo a importancia que o baloncesto ten en Vilagarcía e a relevancia que o EncestaRías ten, non só para a cidade, si non para toda a provincia por converter a Vilagarcía na capital do basket nacional xusto antes do inicio da liga, pero especialmente “por permitirnos aos vilagarciáns gozar destes equipos de primeira na nosa propia casa”. Por iso agradeceu “o gran traballo e dedicación” que Doval e Villar realizan ao longo de todo o ano “por conseguir traernos isto a Vilagarcía, que sei que o fan polo seu amor ao baloncesto e á nosa cidade”, e animounos a seguir “moitos anos máis” ao fronte deste “pequeno gran milagre que é o Encestarías”.
Os primeiros partidos do Encestarías comezarán o venres pola tarde, e o sábado desenvolveranse os enfrontamentos pola disputa do terceiro posto primeiro, e despois coa celebración da gran final entre os vencedores dos cruces da xornada anterior. Entre un e outro partido levarase a cabo o torneo de triplas.
Os organizadores explicaron que o EncestaRías é un torneo dedicado a todos os amantes do baloncesto e, moi especialmente ás bases deste deporte. Por iso cada xornada contará coa participación especial das categorías inferiores de dous clubs da zona: o CLB Vilagarcía, o Mecos de O Grove, o CAB de Pontevedra e o CB de Brión. Ademais, co afán de facer partícipes a todo o deporte local neste gran evento, tamén están invitados clubs doutras modalidades deportivas que ofrecerán demostracións nos descansos dos encontros, como o Vila Arousa de ximnasia rítmica e o grupo de Dance Academy, especialista en danza urbana, entre outros.

Pese a tratarse dun evento deportivo, o EncestaRías é un torneo moi ligado á cidade en xeral, por iso, aparte do espectáculo do baloncesto propiamente dito, tamén organizan como actividades paralelas para dinamizar a velada do sábado en Vilagarcía e como fin de festa, o festival Pick&Rock, co concerto do grupo Somoza Trío na zona de viños da rúa Méndez Núñez a parir das 22.00 horas.
A venta de abonos e entradas individuais para cada unha das xornadas poden adquirirse a través da web http://www.adcencestarias.com/es e tamén nos establecementos deportivos Mobu Deportes de Vilagarcía e en Tiro Libre de Santiago.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -