_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
Responsables públicos e técnicos reúnense en Vilagarcía para analizar o tratamento dos espazos públicos da cidade

Vilagarcía acolle mañá, 8 de setembro, un dos obradoiros da Facultade Ágora organizados polo Departamento de Mobilidade e Espazo Público da Deputación Provincial de Pontevedra. O evento reunirá na nosa cidade a responsables políticos e técnicos de a provincia co obxectivo de analizar as actuacións levadas a cabo en Vilagarcía en canto ao tratamento dos espazos públicos e a súa recuperación para o uso e desfrute das persoas. De feito, unha das actividades do obradoiro será visitar as rúas e prazas humanizadas nos últimos anos e, en especial, coñecer o proxecto que se está a desenvolver na Rúa Arcebispo Lago que se cofinancia cos fondos provinciais do Plan Ágora.
07.09.2022.-A profesional invitada ao obradoiro de Vilagarcía en calidade de observadora é Rocío Plasencia, arquitecta especializada en urbanismo e mobilidade sostible e colaboradora da Rede de Cidades que Camiñan, da que Vilagarcía tamén forma parte.

O obradoiro desenvolverase durante toda a xornada. Pola mañá os asistentes realizarán un paseo de observación dos espazos públicos da cidade e tomarán fotografías co obxecto de analizalas no traballo en grupo a desenvolver no Auditorio ata as 14 horas.
Xa pola trade, a partir das 16.00 horas realizarán outra visita, neste caso guiada por responsables municipais para explicar as principais actuacións de transformación levadas a cabo na cidade en materia de humanización e mobilidade sostible e comentalas en conxunto como casos de boas prácticas para o tratamento de espazos públicos en base aos fundamentos do Plan Ágora.

Estes obradoiros están destinados a afondar en aspectos concretos do espazo público tomando como exemplos municipios da provincia que destacan neste eido. A través destas visitas exporanse ideas, analizaranse actuacións, apuntaranse necesidades e poranse sobre a mesa determinados aspectos a debater co obxecto de obter conclusións a poñer en práctica para continuar desenvolvendo o modelo de cidades humanizadas nas que os peóns, os cidadán, sexan os protagonistas.

Entre os puntos que, sobre os casos prácticos de Vilagarcía, abordarán os participantes ao obradoiro están a liberalización de espazo do uso exclusivo da mobilidade, a redución do tráfico rodado das rúas ao estritamente necesario, as actuacións para dar prioridade ao peón nos espazos das cidades, o reparto do espazo público, a distribución de investimentos en actuacións en base á pirámide invertida da mobilidade, a accesibilidade peonil e incluso puntos como os pavimentos a utilizar en beirarrúas e zonas peonís ou as pinturas para os pasos de peóns.

Outro dos obxectivos dos obradoiros Ágora é tomar conciencia sobre a necesidade de avanzar neste modelo cada vez máis estendido e que é sinónimo de mellora na calidade de vida das persoas alí onde se implanta.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -