_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Ábrese o prazo de presentación de ofertas para executar a obra de ensanche do camiño da rúa Maceiras, en Aralde

O Concello de Vilagarcía acaba de iniciar o procedemento para a contratación das obras de ensanche do camiño da Rúa Maceiras, no lugar de Aralde. O proxecto sae cun prezo de licitación de 59.310 euros (IVE incluído) e as empresas interesadas terán de prazo ata o día 26 de setembro para presentar as súas ofertas a través da plataforma pública de contratacións. A actuación inclúese no Plan Municipal de Mellora de Camiños Rurais e financiarase cunha subvención de Axencia Galega de Desenvolvemento Rural 53.984 euros aos que o Concello achegará os 7.326 que restan para completar o investimento. O prazo de execución dos traballos é de 2 meses.
06.09.2022- O proxecto prevé actuar en case o medio quilómetro de lonxitude que ten o camiño situado nunha zona rural na que se emprazan moitas explotacións agrícolas. O ensanche e mellora deste camiño permitirá facilitar o tránsito e o acceso dos vehículos agrarios que traballan as fincas, así como mellorar a seguridade viaria nesta zona.

Na actualidade este camiño secundario presenta o firme nun estado moi deteriorado con numerosas fochas que dificultan a circulación. Ademais, en épocas de choivas o estado da vía agrávase debido ás escorrentías das augas pluviais que erosionan máis o terreo e crean máis irregularidades no terreo.

Para resolverán esta situación os traballos consisten na instalación dunha rede de drenaxe das augas pluviais que contará coas correspondentes arquetas de formigón e imbornais. O camiño limparase e desbrozarase convenientemente e se varrerá o firme mediante medios mecánicos para preparar a plataforma de cara ao acabado final, no que se botará unha nova capa de rodadura. Ademais, o proxecto prevé ensanchar o camiño nas zonas onde sexa posible. Deste xeito, a vía acadará un ancho medio de 4,5 metros.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -