_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Xunta de Goberno adxudica o préstamo de 850.000 do orzamento de 2022 ao Banco Sabadell

Un dos asuntos de maior relevancia que abordará a Xunta de Goberno Local na reunión deste luns será a adxudicación da operación de préstamo incluída no Orzamento Municipal de 2022 para financiar parte dos investimentos a executar durante o presente exercicio. Segundo consta na proposta da Mesa de Contratación, o crédito por importe de 850.000 euros e un prazo de amortización de 8 anos subscribirase co Banco Sabadell por reunir a súa proposta os requisitos establecidos nos pregos de licitación.
03.09.2022.- Unha vez adxudicado o préstamo na Xunta de Goberno do luns, o acordo terá que materializarse mediante a sinatura da operación coa entidade bancaria. Unha vez levado a cabo este trámite, o Concello xa poderá dispoñer dos fondos e polo tanto, sacar a licitación as obras e proxectos incluídos no Plan de Investimentos e que non se podían contratar ata que estivese pechada a operación mediante a que financialos.

As principais partidas nas que se repartirá o crédito son as destinadas á demolición do edificio da antiga Comandancia (200.000 euros), a obras de renovación, ampliación e mellora das redes de saneamento e outras infraestruturas (181.351 euros) e ás obras do Museo do Ferrocarril e complementos para o albergue (122.000). Tamén se reservan 105.667 euros para feiras e pago do IVE das actuacións da área de Mercados a financiar cos fondos europeos do Next Generation, que non inclúen este imposto. Cos fondos do Plan de Investimentos destinados á melloras no saneamento e mellora de camiños actuarse na Rúa Carballido, en Cea, na Rúa Castiñeiro, nas Bocas, e na Rúa Quinteiro, en Trabanca Sardiñeira, entre outras actuacións.

Os investimentos a realizar este ano non se limitan aos 850.000 euros do préstamo, xa que o Concello aporta outros 710.000 euros de fondos propios para completar este capítulo dos presupostos, sumando un total de 1,4 millóns de euros.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -