_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Cultura renova os panos do escenario do Auditorio cun investimento de 13.000 euros

O Auditorio Municipal de Vilagarcía cumpríu19 anos de vida, case dúas décadas de funcionamento que destacan pola intensa actividade cultural que acolle e que vai en aumento ano tras anos. A pesar das pequenas actuacións de mantemento realizadas neste tempo para prolongar a vida dos equipamentos da sala, para o axeitado desenvolvemento dos espectáculos que nel se celebran faise preciso renovar os elementos escénicos básicos e principais. O proceso comezará de forma inminente coa substitución dos panos do escenario, unha mellora na que a concellería de Cultura inviste 13.000 euros.
31.08.2022.- O cambio dos panos do escenario é a actuación máis urxente que se precisa levar a cabo. Estes equipamentos conforman a cámara negra que, xunto coa iluminación, son os elementos básicos para a montaxe e desenvolvemento dos espectáculos, especialmente os de maior formato.

A Xunta Local de Goberno aprobou esta semana contratar a adquisición e montaxe dos equipamentos entre os que se inclúen os dous telóns de fondo, os dous pares de bambalinas e os catro pares de patas. O material dos panos será de tipo Moltón, mate para evitar o reflexo da luz, illante debido a súa densidade e ignífugo.

A renovación dos elementos escénicos é básica e fundamental despois de case 20 anos xa que o Auditorio de Vilagarcía é un dos máis importantes e activos de Galicia. Está integrado na Rede Galega de Teatros e Auditorios, sendo o segunda sala das cidades de ata 40.000 habitantes co maior número de butacas, 754, e a sexta das incluídas da rede. Ademais dos espectáculos que chegan a través desta programación, o Auditorio de Vilagarcía é un dos máis demandados por compañías e artistas de nivel nacional e internacional ( tanto de espectáculos teatrais, como musicais ou de ballet) que se interesan por actuar nesta importante praza e veñen por conta propia.

A maiores, a infraestrutura municipal está todo o ano a disposición dos grupos, asociacións e colectivos de Vilagarcía que tamén desenvolven as súas actuacións e espectáculos neste importante escenario.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -