_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os postos do mercado movidos de Alexandre Bóveda emprazaranse no interior da Praza da Peixería

A Concellería de Promoción Económica e de Mercados do Concello de Vilagarcía informa á clientela habitual do mercado que os postos movidos da rúa Alexandre Bóveda emprazaranse no interior da Praza da Peixería, onde os poderán atopar e visitar para realizar as súas compras dende mañá, martes. Esta ubicación foi decidida polo Concello tras negarse os afectados a estudar as tres alternativas que se lles presentaron para poder proceder á apertura da rúa Alexandre Bóveda ao tráfico rodado.
29.08.2022.- A medida adoptouse considerando que o emprazamento na Peixería resultaríalles beneficioso ao poder trasladarse todos xuntos a un mesmo lugar onde xa se concentra boa parte da actividade ambulante os días de mercado, evitando así a diseminación dos postos e despistar á clientela. En calquera caso, trátase dun traslado provisional, xa que o definitivo realizarase ao remate das obras de humanización de Arcebispo Lago, lugar que acollerá parte da venta ambulante.

En canto á primeira xornada de uso compartido entre a actividade ambulante e a circulación de vehículos na Rúa Alexandre Bóveda, a experiencia desenvolveuse como era de esperar: sen incidentes de relevo e cos lóxicos despistes iniciais das persoas que descoñecían a posta en marcha da medida.

Como se anunciou nos días anteriores, a convivencia do paso de vehículos coa venta ambulante fíxose de forma progresiva, iniciándose cun único sentido de circulación en dirección saída cara Valle-Inclán, e tras ter adoptado o Concello todas as medidas necesarias para garantir a seguridade viaria: ensanches de beirarrúas, delimitación da franxa na que se sitúa a liña de postos no frontal da Praza de Abastos e a posta a disposición dos pivotes que os ambulantes poden colocar para unha maior protección.

Tamén como xa se dixo, a circulación nun único sentido manterase durante o tempo necesario para que, tanto peóns como condutores se vaian afacendo ao cambio e á convivencia. Para facilitar a transición e garantir que o mercado se desenvolve sen incidencias, a Policía Local estará presente na zona para regular o tráfico e advertir aos peóns. Será cando xa uns e outros estean habituados ao cambio, cando Alexandre Bóveda teña de abra aos dous sentidos de circulación tamén os días de mercado, como xa acontece o resto da semana.

Como se sabe, o traslado dunha das dúas liñas de postos ambulantes do mercado tívose que executar xa debido ao avanzado estado das obras de humanización de Arcebispo Lago que fan necesario habilitar a rúa Alexandre Bóveda como acceso principal do tráfico ao centro urbano de forma permanente todos os días da semana, ao nos existir outra alternativa.

O establecemento desta rúa como vía de entrada e saída de vehículos ao centro da vila era unha medida necesaria e demandada polo comercio local e os veciños da zona, decidida polo Concello no ano 2020 en base ao acordo asinado cos ambulantes e vendedores da Praza, e que se foi pospoñendo, primeiro debido á pandemia e despois el atención ás reiteradas prórrogas solicitadas polos ambulantes que acoden ao mercado.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -