_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
Nuria Cascón e Breogán Calviño proclámanse campións absolutos do XX Torneo de Tenis de Verán Concello de Vilagarcía

A vixésima edición do Torneo de Tenis de Verán do Concello de Vilagarcía clausurouse este xoves, 25 de agosto, coa celebración das finais das categorías absolutas e a entrega de premios nas pistas do complexo municipal polideportivo de Fontecarmoa. Nuria Cascón e Breogán Calviño proclamáronse campións nas categorías absolutas feminina e masculina respectivamente, mentres que Lamar Mogollón e Álvaro Abalo foron os vencedores nas categorías A (nados entre os anos 2014 e 2010) e B (2009-2005) respectivamente. O campión na modalidade de veteranos foi Patricio Sequeira e o trofeo á deportividade recaeu en Marcos Vidal.
27.08.2022.- O Torneo de Tenis de Verán 2022, que organiza cada ano a Fundación Municipal de Deportes de Vilagarcía, contou na presente edición con 96 participantes, aínda que as inscricións reais ascenderon a 118 xa que moitos dos xogadores competiron en dúas categorías diferentes. A máis numerosa foi a absoluta masculina (57 participantes), seguida da de veteranos (18), ás categorías A e B, que van por idades (16 xogadores en cada unha delas) e a absoluta feminina (11). Cómpre salientar tamén a presenza de xogadores chegados de diferentes puntos da xeografía galega. O torneo comezou o pasado 18 de xullo e rematou o xoves, 25 de agosto. Nesas semanas celebráronse un total de 130 partidos das diferentes categorías, todos eles resoltos polo sistema de eliminatoria.

Resultados das finais

CATEGORIA A (anos 2014-2010)
Lamar Mogollón Iglesias gaña a Marta Utrera Carballo (6-4/6-4).

CATEGORIA B (anos 2009-2005)
Alvaro Abalo Martínez gaña a Nicolás Álvarez Forneiro (6-2/6-3).

VETERANOS (ano 1971 e anteriores)
Patricio Serqueira Keenehan gaña a José Luis Padín Núñez (7-5/3-6/6-2).

ABSOLUTA FEMENINA
Nuria Cascón Lapido gaña a Ariadna Lucio Cora (3-6/6-4/6-2).

ABSOLUTA MASCULINA
Breogán Calviño Froiz gaña a Jorge Rodríguez González (6-2/7-5).
Na final de consolación Nicolás Durán Patón gaña a Francisco Utrera Outeda (7-6/7-6).


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -