FESTAS
San Roquiño "O pequeno" volve a percorrer as rúas do seu barrio na xornada previa á Festa da Auga A festividade do luns 15 de agosto vivirase en Vilagarcía rendendo homenaxe a San Roquiño o Pequeno, como manda a tradición. O barrio de San Roque convértese no epicentro da festa coa procesión e a romaría popular pola mañá, con misa reparto de empanada incluído, e coa verbena de Los Tres Latinos pola noite. O público familiar terá unha cita moi divertida pola tardiña na Xunqueira co concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona e o vilagarcián Joel Padín será o protagonista do concerto da noite na Xunqueira. Os pasacalles correrán a cargo de Os Terribles de Arousa, Mocedade da Torre e s Trasnos de Guillán.
AXENDA PARA O LUNS 15 DE AGOSTO
10:00 - Barrio de San Roque-Pasacalles San Roquiño O Pequeno Grupo de Gaitas Os Terribles de Arousa
11:30 – Barrio de San Roque-Misa de San Roquiño Cantada pola Coral Santa Eulalia
12:30 - Barrio de San Roque-Procesión San Roquiño Acompañada da Banda de Música e Os Terribles de Arousa. Ao final haberá reparto de viño e empanada.
12:30 - Rúas da cidade-Pasacalles Grupo de Gaitas Mocedade da Torre
20:30 - Rúas da cidade-Pasacalles Grupo de Gaitas Os Trasnos de Guillán
20:30 – Parque da Xunqueira-Uxía Lambona e a Banda Molona Banda musical infantil que está formada por Pali ao baixo, Ñoc á batería, Diego á gaita e á frauta, Serghaño á guitarra, Roscón ao acordeón e Uxía cantando e animando! Ten o obxectivo de facer cantar e bailar “coma toliñ@s” ; a todos os nenos e nenas, achegándolles a música tradicional galega dun xeito atractivo para eles, alternando estilos musicais, letras…, e temas propios sempre en galego. Na actualidade ten tres CD´s publicados: "Uxía Lambona e a Banda Lambona" 2015; "A bailar coma tol@s" ; 2017; "Astronauta Sideral" 2019.
22:30 – Barrio de San Roque -Verbena Popular Los Tres Latinos
23:00 – Parque da Xunqueira -Concerto: Joel Padín Joel Padin é a nova promesa da música folk galega. Os seus inicios na música tradicional remóntanse ao ano 2011, onde comezou a cantar e tocar a pandeireta na asociación Mar de Arousa, de Bamio (Vilagarcía), onde reside. As súas ganas por avanzar, levárono a probar en diferentes grupos para intentar comprobar cal era o máis adecuado ás súas necesidades. En 2018, preséntase ao concurso da TVG, Pequenos Fenómenos, quedando en primeiro lugar cantando só música tradicional. En 2021 saíu á luz “Aughas Mortas”, o seu primeiro traballo, un disco no que recolle pezas populares tradicionais puras, así como adaptacións das mesmas para darlle un aire máis xuvenil.