_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
O Concello destina 15.000 euros ás axudas á escolarización infantil que se poderán solicitar a partir do 1 de setembro

O Concello de Vilagarcía vai a convocar un ha nova edición das Axudas Municipais á Escolarización Infantil, ás que este ano destina 15.000 euros. A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana as bases que establecen como prazo único para solicitar as bolsas o comprendido entre o 1 e o 30 de setembro. O Concello ofrece dende hai anos estas axudas ás familias con menor de nivel de ingresos para tratar de axudarlles a superar o desembolso que supón a compra de materiais a principio de curso e para fomentar a escolarización dos máis cativos.
13.08.2022.- As axudas consisten en bolsas de 60 euros por alumno matriculado nas etapas 1ª e 2ª de Educación Infantil (de 0-3 e de 3-6 anos), en centros de ensino sostidos con fondos públicos e nas Escolas Infantís autorizadas de Vilagarcía de Arousa e están dirixidas a unidades familiares de convivencia residentes e empadroadas no Concello de Vilagarcía de Arousa.

Aínda que a escolarización non é obrigatoria na etapa Infantil, o goberno socialista considera que esta é unha medida imprescindible para un mellor desenvolvemento do neno tanto a nivel educativo como social e persoal, ademais de ser unha medida necesaria en moitos casos para a conciliación laboral. De aí que fomente a escolarización nesta etapa ofrecendo estas axudas que se conceden tendo en conta o nivel de ingresos da unidade familiar, a computar segundo a declaración da Renda relativa ao exercicio de 2021. No caso de non ter presentado declaración de renda, terase en conta os datos facilitados polo Servizo Público de Emprego e/ou a Tesourería Nacional da Seguridade Social.

Os 15.000 euros dispoñibles para a concesión destas subvencións obtende a través dunha partida de 7.500 euros procedentes da Concellería de Benestar Social, doutra de 6.000 euros da de Educación é de 1.500 euros máis de sobrantes doutras partidas desta última concellería.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -