_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
FESTAS
As festas de San Roque arrancan co pregón de Xoanqui Ameixeiras e o concerto de La La Love You

As festas de San Roque arrancan mañá, xoves 11 de agosto, para dar paso a dez días repletos de actividades gratuítas destinadas a públicos de todas as idades e que encherán de animación é de alegría ás rúas da cidade. O popular e televisivo cociñeiro Xoanqui Ameixeiras será quen dea o pistoletazo de saída ás festas patronais cun pregón que, de seguro, deixarán un excelente sabor de boca. A tradicional ofrenda floral ao santo patrón será outro dos actos desta primeira xornada festiva, que rematará pola noite na Xunqueira co concerto do grupo la La Love You.
10.08.2022.- Xoanqui Ameixeiras cambiará mañá os fogóns polo balcón da Casa Consistorial, ao que se asomará ás 20.30 horas para pregoar as excelencias das Festas de San Roque, palabras que serán traducidas simultaneamente á lingua de signos para que cheguen ás persoas con discapacidade auditiva. Seguindo a tradición, o acto contará coa intervención da Banda de Música de Vilagarcía

Na Praza de Ravella concentraranse minutos antes de iniciarse a lectura do pregón as asociacións, clubs deportivos e colectivos sociais e culturais que participarán na ofrenda floral ao santo. Este ano son un total de vinte e un grupos os que comporán a comitiva que dende Ravella se desprazará a pé ata a Praza de España para presentarlle as súas ofrendas á San Roque. O percorrido a seguir discorrerá polos Xardíns de Ravella, rúa Ramón y Cajal, Praza de Galicia, Rúa Castelao, Xeral Pardiñas, Covadonga e Praza de España.

Ademais das autoridades e a Banda de Música, integrarán a comitiva a Asociación TDAH, o grupo Embruxo de Guillán, a Residencia Divina Pastora, as Cantareiras Bulideiras de Fontecarmoa, a Protectora de Animais, dous grupos da Escola Baile Begoña Fontán, a Coral Santa Eulalia, Zona Aberta, a Coral Rosalía de Castro, o Arosa S.C., o grupo Gaitas Santa Plácida, Os Ingleses R.C., a Coral Cortegada, a Agrupación Folclórica Froallo, o C.B. Vilagarcía, o Grupo de Gaitas Lumarada e a coral San Pedro de Cornazo, a asociación cultural Nós de Sobradelo e a agrupación local de Protección Civil.

O primeiro día das festas patronais rematará na Xunqueira co concerto gratuíto que, a partir das 23.00 horas dará o grupo madrileño la la Love You.

Dende Parla e ata “El fin del mundo”

La La Love You son unha banda de Parla (Madrid) que está facendo historia. Coa compañía independente Subterfuge respaldándoos, son sen lugar a dúbidas, un dos grandes fenómenos musicais da década. Formados en 2007 e sempre no ambiente do power pop, en xuño de 2019 saltan á fama coas súas cancións de punk-pop de estribillos irresistibles, frescas, directas, optimistas e de produción impecable. “El fin del mundo” publicouse a principios do 2020 con certo aire premonitorio no seu título: foi un dos temas que animaron os balcóns nos que as persoas confinadas saían a aplaudir aos sanitarios e a saudar aos veciños, logrando converterse na canción do verán e situándose no máis alto das listas de temas máis escotados (e vendidos) no noso país. Tampouco se quedan atrás en milleiros de escoitas títulos como “Más colao que el colacao”, “Laponia” ou “Irene”.

Máis recentemente lanzaron novos singles como “La canción del verano”, un tema directo e pegadizo cun pouso triste, pero fiel ao estilo enérxico da banda, a divertida “El día de Huki Huki”, cun feat da cantante galega Dani e arranxos de Carlos Sadness, ou o hit directo e marca da casa “Big Bang” con Delaporte. Ademais, este Nadal sorprenderon aos seus fans cunha alianza moi especial: unha versión glampunk da mítica “Tenía tanto que darte" de Nena Daconte, coa intervención da artista.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2022  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
Congreso Vai de Rúas 2022
Inscripción Vai de Rúas
voluntariadogalego.org
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2022. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -