_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
O Concello colabora no sostemento da actividade de 20 entidades sociais co reparto de 194.600 euros

O Concello de Vilagarcía de Arousa, a través da Concellería de Servizos Socias, vén de repartir 194.600 euros entre 20 asociacións sociais sen ánimo de lucro que prestan servizos e desenvolven os seus programas no termo municipal. Estas axudas de carácter nominativo e de concesión directa concédense xa dende hai anos co obxecto de contribuír ao sostemento dunhas entidades que realizan unha importantísima labor para a sociedade, especialmente dirixida a colectivos sensibles ou en situación de vulnerabilidade, e que complementan a acción das administracións públicas. As subvencións aprobáronse nas dúas últimas xuntas de goberno.
08.08.2022.- Como é habitual, as entidades que reciben as axudas de maior contía son Cruz Vermella e Cáritas, as que desenvolven unha labor máis ampla e xestionan servizos tan importantes e custosos como o albergue de transeúntes, o comedor social ou a casa de acollida, ademais de levar a cabo outras iniciativas de atención a persoas en risco de exclusión, en colaboración co Concello e a través do protocolo de coordinación. En concreto, Cruz Vermella recibe 91.800 euros (84.000 polo funcionamento do albergue e 7.800 polo proxecto de coordinación). A 45.500 euros ascende a subvención de Cáritas (36.000 pola xestión do comedor social e 9.500 polo centro de San Cibrán).

A terceira entidade que máis axuda recibe é Acción Contra el Hambre, organización coa que o Concello de Vilagarcía desenvolve anualmente o programa de inserción laboral “Vives Emprega”, que conta cun elevado índice de éxito. A esta entidade concédenselle 17.000 euros. Moi presto se sitúa a Fundación Asilo Hospitalillo Divina Pastora, á que se lle conceden 15.000n euros para contribuír cos gastos de funcionamento da residencia de anciáns.

Axudas de 3.000 euros reciben Con Eles, Amencer e Fundación Lar para gastos de actividades dirixidas aos seus respectivos usuarios, e 1.800 a Asociación Galega de Lindefema para realizar labores informativas e de sensibilización das patoloxías vasculares periféricas.

A Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home, a Asociación Española Contra o Cancro, a ANPA do Centro Ocupacional de Saiar, a Fundación Galega Contra o Narcotráfico, a Asociación de Alcohólicos Rehabilitados de Vilagarcía (Areva), o colectivo de enfermos de Alzheimer Afasal, a asociación de enfermos de Párkinson e Solidariedade do Pobo Galego co pobo Saharaui, reciben 1.500 euros cada unha delas.

Finalmente, o colectivo de loita contra as enfermidades do ril ALCER e a Asociación Cromosomas X obteñen unha axuda de 500 euros.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -